23 DE ABRIL
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
PROGRAMACIÓN
O alumnado de 6º curso de primaria traballou moito para conmemorar o Día do Libro.
Cada un deles escolleu un ou dous libros para ler aos máis pequenos de infantil e do 1º ciclo de primaria.
A semana anterior cada aula tiña que escribir unha carta a Gromiño – a mascota da biblioteca- e botala na Caixa Máxica para solicitar a participación nunha actividade especial e así conmemorar o Día do Libro l!!.
O día 23, baixo a porta de cada aula chegaron por arte de maxia unhas palabras ...
Que significaban estas palabras?.
Non sabían. En principio soamente tiñan que saír da aula e buscar polo patio.
Sorpresa!!!
No patio se atopaban uns nenos durmidos e cun libro na man!.
Decatáronse que as notas que lles botaron pola porta coincidían cos títulos dos libros.
O único que tiñan que facer era sentarse tranquilamente ao redor de cada neno/a e esperar...
Esperar a que espertasen.
E ...COMEZOU a actividade!