lunes, 20 de diciembre de 2021
domingo, 19 de diciembre de 2021
ITINERARIO LECTOR RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Como todos os anos por estas datas, dende o colexio facemos unhas recomendacións lectoras cos libros que baixo o noso criterio consideramos que poden ser de interese para a lectura do noso alumnado.
Tamén elaboramos o itinerario lector co que continuamos o traballo de darlle o lugar que merece a lectura no noso centro escolar, e para iso, como ven sendo habitual, solicitamos ás familias que merquen dous libros, un en galego e outro en castelán para ler no colexio.
PREME NO ENLACE:
ITINERARIO LECTOR E LECTURAS RECOMENDADS DE NADAL
miércoles, 15 de diciembre de 2021
EXPOSICIÓN NADAL
Nestas datas queremos compartir co profesorado e alumnado os títulos que adquirimos e os que xa tiñamos no colexio para gozar da lectura.
domingo, 5 de diciembre de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE I
Continuando co post anterior, este ano tivemos a sorte de poder contactar con Martín de la Puente (atleta paraolímpico vigués) que nos mandou un vídeo explicándonos o que sentiu cando perdeu a movilidade das pernas debido a súa enfermidade e o afortunado que sentía na actualidade, porque o deporte lle salvara a vida e lle dera a oportunidade de representar a España en competicións internacionais, optendo varios títulos de campión do mundo en categorías inferiores.
E relacionado co deporte, esta semana foi a Semana da Discapacidade na área de EF e tivemos unha gran variedade de xogos que os nosos rapaces e rapazas puideron desfrutar e deste xeito vivenciar a situación de ter unha discapacidade.
DÍA INTERNACINAL DA DISCAPACIDADE
O pasado venres, 3 de decembro conmemoruose o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso colexio intentamos transmitir a sensibilidade cara este tema ao longo de todo o curso, e de xeito máis específico nestes días. Dende o equipo de Convivencia tivemos a oportunidade de visionar curtas e vídeos que deron pé a debates nas nosas aulas.
Cooperamos como ven sendo habitual nestes últimos anos con APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) en composicións artísticas e decorando nesta ocasión, paraugas coas cores do artista Laxeiro (xa que este curso o noso PDI trata sobre a arte e centrándonos no artista que da nome ao centro escolar). Estes paraugas foron pintados pola man non dominante para poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade. Estes traballos foron expostos no colexio.
martes, 30 de noviembre de 2021
MES DA CIENCIA EN GALEGO
A proposta do equipo de DInamización da Lingua Galega levamos a cabo varias actividades que fomentaron a integración da ciencia en galego cono foron: experimentos para os máis pequenos do cole, utilizando para moitos deles libros que consultaron na biblioteca e unhas charlas por videoconferencia para o alumnado de EP ofrecidas polo Centro Tecnolóxico de Eficiencia Enerxética.
domingo, 28 de noviembre de 2021
DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO
O 25 de novembro conmemorouse o Día contra aviolencia de xénero. No Laxeiro, visuliazamos curtas e vídeos oferecidos pool equipod e conviviencia do noso colexio e interpretamos en galego e con libgua de signos a cantiga "La puerta violeta" de Rozalén.
CANTIGA E INTERPRETACIÓN ROZALÉN
sábado, 20 de noviembre de 2021
MAGOSTO
Este ano o Magosto
celebrámolo no colexio pero no por iso perdemos a ilusión e as gañas de pasar
un xornada festiva. Fixemos asado de castañas no patio do colexio, xogos
populares, e traballiños relacionados coas castañas.
domingo, 7 de noviembre de 2021
LIBROS DIXITAIS
Igual que no curso pasado, ofrecemos a posibilidade de, a través dun titorial asociarse a unha biblioteca pública municipal como pode ser a Juan Compañel. Deste xeito poderán accedr a un fondo de libros xigantesco que lles permitira pode descubrir miles de aventuras dun xeito gratuíto.
viernes, 5 de noviembre de 2021
SAMAÍN PARTE III
Amosamos a continuación unha mostra da representación dos contos que fixeron ao longo de toda a semana:
CONTO: "O NOSO SAMAÍN"
SAMAÍN PARTE II
Na última semana de outubro os rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria representaron contos ao resto do colexio coa temática co Samaín...Pasáronno xenial!
Moitas grazas chicos! Fixéstelo XENIAL!!!!
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN
Ao longo destas semanas de outubro e novembro, levamos a cabo diferentes actividades que axudaron a dinamizar o SAMAÍN no noso colexio:
O lema deste ano foi: ESTASE DE MEDO NO LAXEIRO
Exposición e préstamo na entrada da biblioteca de libros coa temática de Samaín e cunha decoración moi terrorífica!!!!
viernes, 22 de octubre de 2021
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES I
Ademais no día de hoxe o noso alumnado de E. Infantil puido gozar da lectura do conto da nosa mascota Gromiño e doutros contos que trouxeron dnde a casa para compartir cos compañeiros.
Alumnado DE 6ºB de E: Infantil amosando os marcapáxinas que fixeron:
DÍA DAS BIBLIOTECAS
PARA ACCEDER A AULA INTERACTIVA PREME AQUÍ
Amosamos algúns dos traballos cos marcapáxinas que fixeron ao longo desta semana o noso alumnado:
jueves, 7 de octubre de 2021
DÍA DA HISPANIDADE OU DIVERSISDADE CULTURAL
O vindeiro martes celébrase o Día da Hispanidade ou da Diversidade Cultural, que conmemora, a chegada de Cristobal Colón a América.
Preme no enlace que abrirá un aula interactiva. Posteriormente, para visualizar a información relacionada con esta data fai clic nos post-it.
DÍA DA HISPANIDADE (preme no enlace)
OPINIÓN DE NENOS E NENAS NA RADIO SOBRE CRISTOVO COLÓN (PREME NO ENLACE PARA ESCOITAR O PODCAST DE "LOS NIÑOS Y JIMENO")
miércoles, 22 de septiembre de 2021
INAUGURACIÓN DO CURSO
Comezamos o curso, con moitas gañas de levar a IMAXIANCIÓN a todo o noso alumnado a través da lectura e de todas as actividades que poidamos facer para dinamizar a mesma. Coma sempre, elaboramos o noso mural da entrada da bibliteca e as propostas de animación lectora para os rapaces e rapazas do colexio
jueves, 27 de mayo de 2021
VISITAS DE AUTORES
Ao longo do segundo e terceiro trimestre recibimos as vistas dos autores dos libros que escollemos este curos para o nos itinerario lector. A continuación deixamos una pequena pincelada de cada un:
Ledicia Costas: visitou virtualmente a noso colexio o 12
de abril xa que o seu libro “Conexión macarrón” foi un dos libros de lectura
dos cativos de 3º de Primaria.
Ana Alonso: recibimos a súa visita virtual o 30
de abril. O alumnado de 2º e 5º de Primaria desfrutaron dunhas divertidas
charlas sobre a súa vocación como escritora, e da motivación de escribir sobre
o Camiño de Santiago “Dinosaurios al ataque” e “Los tres peregrinos”.
Anémona de Río: Novamente o alumnado de 5º de Primaria desfrutou a visita da autora o 21
de marzo por mor da lectura da súa obra “A
proba de auga”.
Érika Esmorís: visitounos presencialmente o 20 de abril para o alumnado de 3º para
falar do seu libro “Patio de Luces”.
Fran Alonso: o alumnado e 3º recibiu a vista virtual deste autor para presentar e
falar do seu libro “ O meu gato é un poeta”.
Antía Yañez:
esta autora charlou virtualmente co alumnado de 6º de primaria da historia do
seu libro “ Plan de rescate”.