lunes, 29 de septiembre de 2014

50 ANOS CON MAFALDA

No ano 1964 naceu este entrañable personaxe. As historias de Mafalda constitúen as leccións mellor contadas da vida e unha das bandas deseñadas máis lidas e traducidas do mundo. Quino, o seu creador, humorista gráfico argentino, publicou esta magnífica obra entre 1964 e 1973. 

"Mafalda, la chica de pelo negro que odia la sopa y está en contradicción con los adultos, se publicó por primera vez el 29 de septiembre 1964 en el semanario Primera Plana de Buenos Aires. El 9 de marzo 1965, con el paso de las tiras cómicas al periódico El Mundo (en el que Quino publicará seis tiras por semana), se inicia el imparable éxito del personaje, que cruza las fronteras nacionales para conquistar América del Sur y luego se extiende a Europa, ganando una posición de liderazgo en el imaginario colectivo". 

Frases famosas de Mafalda
Un ser "inteligente, irónico, inconformista, contestatario y sensible, que percibe la complejidad del mundo desde la sencillez de los ojos infantiles". Esa fue la explicación que dio el jurado del Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades este año cuando decidió premiar al dibujante Quino por Mafalda, la historieta de una peculiar niña argentina que reflexiona sin cesar sobre el devenir del mundo. Homenaxe do artista chileno Guillo

NÓS ESCOLLEMOS ESTA FRASE DAS MOITAS QUE TEN
PARA CONTEXTUALIZAR A SITUACIÓN

"Todos creemos en el país

lo que no se sabe es si a esta altura el país 
cree 
en nosotros"

jueves, 11 de septiembre de 2014

LIBROS DE DIVULGACIÓN MATEMÁTICA EN SOPORTE DIXITAL

Aquí  tedes dous dos títulos que publicou Rede Lectura (Bibliotecas Escolares de Galicia).

Visitade o enlace para informarvos de moitas máis cousas.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS A TODOS/AS!

UN NOVO CURSO ESCOLAR E  ILUSIÓNS  RENOVADAS PARA COMPARTIR



Biblioteca escolar... matemático!!! 

Comezamos un novo curso escolar con novas ilusións e que esperamos compartir con toda a comunidade educativa. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere dar continuidade á iniciativa e as liñas marcadas o curso pasado coa elección dun lema e un cartel para o inicio da campaña deste curso. O lema elixido é o que leva por título este pequeno parágrafo: "Biblioteca escolar...matemático!!!", con el se pretende "incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe".
O cartel é obra do ilustrador David Pintor que interpreta a campaña como "unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado".
Podedes ver distintas experiencias en bibliotecas escolares galegas con interesantes propostas de actividades que xiran en torno ás matemáticas e que poden servir para traballar e aprender.

                                                                                   Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia