miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS A TODOS/AS!

UN NOVO CURSO ESCOLAR E  ILUSIÓNS  RENOVADAS PARA COMPARTIR



Biblioteca escolar... matemático!!! 

Comezamos un novo curso escolar con novas ilusións e que esperamos compartir con toda a comunidade educativa. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere dar continuidade á iniciativa e as liñas marcadas o curso pasado coa elección dun lema e un cartel para o inicio da campaña deste curso. O lema elixido é o que leva por título este pequeno parágrafo: "Biblioteca escolar...matemático!!!", con el se pretende "incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe".
O cartel é obra do ilustrador David Pintor que interpreta a campaña como "unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado".
Podedes ver distintas experiencias en bibliotecas escolares galegas con interesantes propostas de actividades que xiran en torno ás matemáticas e que poden servir para traballar e aprender.

                                                                                   Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia




No hay comentarios:

Publicar un comentario