viernes, 29 de enero de 2021

PAZ

 O venres 29 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no colexio.  

Coma nestes últimos anos, cantamos e bailamos unha canción que reflectía os valores que traballamos todo o equipo docente co noso alumnado. Nesta ocasión escollimos a canción de Chayanne "Madre Tierra".


 Tamén, en colaboración co profe Pablo de arts e coa nosa auxiliar de conversa Michelle, os rapaces e rapazas fixeron unhas pombas da Paz coas que decoramos as paredes e fiestras do edificio.

 E por último dende a proposta do equipo de dinamización lingüística do galego, todo o alumnado colaborou no traballo e profundización de plabras que fomentaban os valores da Paz, nas que atopamos, tolerancia respecto, igualdade...