sábado, 28 de mayo de 2022

PAULA CARBALLEIRA

 O 27 de maio recibimos a visita de Paula Carballeira que contou numerosas historias ao alumando de 1º de E.P. do seu libro "A tartaruga Amodovou" e para 4º de E.P. do libro "Bruxa e familia". Pasámolo moi ben na súa compaña. Grazas Paula Craballeira!!




viernes, 20 de mayo de 2022

ENCONTROS CON ESCRITORES VI

 Rafael Babarro foi o seguinte autor en visitarnos para presentarnos o seu libro "Hilario e os tres medos". Neste caso os afortunados foron os nenos e nenas de 5º de E.P. aos que lles contou cales foron os detonantes para escribir este libro, cal foi a súa inspiración para crear o personaxe de Hilario e que mensaxe pretendía transmitir coa crecaión desta historia.


 

ENCONTROS CON ESCRITORES V

 O 21 de abril o alumnado de primeiro de E.P. puido gozar da visita de Rafael Ordoñez, que viu falar do seu libro "Animales muy normales". Fixo unha charla moi amena e interesante na que soubo capatar a a tención dos nosos rapaces e rapazas.

 Rafael Ordoñez firmando o seu libro.

ENCONTROS CON ESCRITORES IV

 O alumnado se sexto de E.P. co gallo da lectura do cómic de "Asterix nos xogos olímpicos", asitiu a un "Obradoiro de cómic"  ofrecido por Benxamín Míguez. El, ensinounos como, a través das formas das froitas, podiamos facer as caras e os corpos dos nosos personaxes de cómic. Aprendimos moito e voltamos para as aulas desexando facer o noso propio cómic.

 

Benxamín e Alba de 6ºB

Un debuxo feito por Benxamín

miércoles, 18 de mayo de 2022

FARO DA ESCOLA

 Como todos os anos participàmos na prensa na escola.

As páxinas que fixemos dende o equipo d ebiblioteca foron:




ENCONTROS CON ESCRITORES III

 Érica Esmorís foi a seguinte autora que viu visitarnos. Facía anos que non a tiñamos no colexio e encantounos como captou a atención dos rapaces e rapazas de terceiro de E.P. co seu libro "Patio de luces".


 


ENCONTROS CON ESCRITORES II

 O 23 de marzo recibimos a visita de Ana Alonso que fixo unha charla co alumnadod e terceiro de E.P. acerca do libro "Problemas en el Olimpo".


 Sempre que nos visita esta autora, capta de xeito singular a atención dos nosos rapaces adentrando a todos eles na propia historia do libro que escribe.

 

ENCONTROS CON ESCRITORES I

 O pasado 11 de marzo vistounos a escritora Mónica Rodríguez, que viu falarnos dos seus libros, "Alma y la isla, para sexto de E.P. e "La casa de la tejado rojo" para o alumnado de quinto de E.P. Falouloles dos motivos polos que escribiu estes libros e das historias paralelas aos mesmos que lle foron xurdindo  mentres os escribía.

 
Mónica Ródríguez coa alumnado de sexto de E.P. na charla sobre o libro"Alma y la isla"



Mónica Rodríguez firmando o libro "La casa del tejaod rojo" ao alumnado de quinto de E.P.

jueves, 12 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 O 17 de maio conmemórase en Galicia o Día das letras Galegas, que este ano vai dedicado a Florencio Delgado.

No seminariogalan.org e na  primaveradasletras  poderedes atopar  a súa biografía, numerosas actividades relacionadas co autor, unidades didácticas para todos aqueles que queiran profundizar na súa obra e coñecer un pouquiño máis sobre o autor homenaxeado deste ano 2022.

FALADOIRO LETRAS GALEGAS 2022 FLORENCIO DELGADO

Amosamos tamén o traballo realizado polo alumnado de 3º A para o femnto do uso do galego.

USO DO GALEGO 3º A