viernes, 24 de febrero de 2012

DOUS DÍAS MOI IMPORTANTES NESTE MES DE FEBREIRO:
O 21, DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
E O 24, QUE CONMEMORAMOS O 175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

A Organización das Nacións Unidadas elixiu o 21 de febreiro para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna. Ten coma obxectivo promover a diversidade cultural e lingüística, así como el multilingüismo.
Escolleu esta data porque neste día no ano 1952, estudantes bengalíes manifestáronse polo recoñecemento da súa lingua materna, o Bangla, como un dos dous idiomas nacionais da entonces Pakistán. Estes estudantes foron abatidos a tiros pola policía de Dhaka (actual capital de Bangladesh).

No mundo hai ao menos seis mil linguas en perigo de extinción e con esta conmemoración preténdese recordalo e manifestar que o idioma é un patrimonio cultural.

«La lengua de nuestro pensamiento y de nuestras emociones es nuestro bien más preciado. El plurilingüismo es nuestro aliado para velar por una educación de calidad para todos, fomentar la inclusión y luchar contra las discriminaciones.».
Extracto da mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral de la UNESCO

Nelson Mandela decía que «hablarle a alguien en un idioma que entiende permite llegar a su cerebro, pero hablarle en su lengua materna significa llegar a su corazón».



 
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemoramos o nacemento da nai da nosa lingua materna.
Dende este blog queremos transmitirvos a iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Consiste en que este día agasallemos un libro en galego e unha flor e convídanos a realizar actividades de promoción da obra de Rosalía nos centros de ensino de Galicia. Os nosos alumnos/as están a traballar para coñecela mellor e a biblioteca recollerá os seus traballos.
Oficialmente, o 24 de febreiro está recollido como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.  A AELG organiza lecturas públicas da obra de Rosalía en cidades e vilas e procederá á lectura dun manifesto solicitando a difusión do coñecemento da súa obra.

CANTOS IDIOMAS IDENTIFICADES?