lunes, 23 de abril de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
23 DE ABRIL- ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O DÍA DO LIBRO
·
A TODOS OS
CURSOS: Confección dun marcapáxinas según plantilla. Cada alumno/a pode
escribir una frase de produción propia sobre o feito de ler e intercambialo cun compañeiro/a.
O día 23, con
cada libro prestado levarán un doce de caramelo.
·
EDUCACIÓN
INFANTIL:
Un grupo de alumnos e alumnas de sexto elaboraron un
conto interactivo protagonizado por Gromiño e a Fada do paseo de Alfonso
XII. Os autores e autoras serán os
encargados de contalo na biblioteca en Hora de ler ao alumnado de Infantil. As
quendas son:
-Luns,
23: 5 anos A e B
-Martes,
24: 3 anos B
-Mércores, 25: 3 anos A
-Xoves, 26: 4 anos A e B
·
EDUCACIÓN
PRIMARIA:
- A mestra Isabel pasará polas clases a ler contos
elaborados por alumnado do centro e coordinados pola biblioteca, segundo a súa disponibilidade horaria e previo
aviso ás titoras e titores.
-Alumnos de sexto farán apadriñamento lector o luns,
día 23, no patio e na hora de ler. Se outros cursos están interesados nesta
actividade, contactar con calquera membro do Equipo de biblioteca.
-Os cursos que recibiron os debuxos das
recomendacións lectoras (4º, 5º e 6º)
poden pegalas nunha libreta, cartulina,ou folio e facer alguna referencia a esta data:
La Unión Internacional de Editores
propuso esta fecha a la UNESCO, con el objetivo de fomentar la cultura y la protección
de la propiedad intelectual por medio del derecho
de autor. La Conferencia General de la UNESCO la aprobó en París el 15
de noviembre de 1995,
por lo que a partir de dicha fecha el 23 de abril es el «Día Internacional del
Libro y del Derecho de Autor».
viernes, 6 de abril de 2018
POESÍA E OUTROS TEMAS
- Continuamos traballando coa poesía. Os rapaces e rapazas de 2Aº de Ed. Primaria aprenderon un poema para resaltar a importancia de compartir as tarefas doméstica e recitárono polas clases para que o resto do alumnado poidese escoitar o tema da igualdade en clave poética.
Do mesmo xeito, alumnos e alumnas de 2ºB declamaron a Gloria Fuertes polas clases de terceiro e cuarto na Hora de Ler. Subíronse a cadeiras para estar á altura da importancia da actividade.
- Continuando coa visita de escritores na biblioteca, o mércores, 4 de abril, Ramón Caride fixo unha animación lectora dirixida ao alumnado de 4º de Ed Primaria sobre o seu título "As viaxes de Ruki". Respostou a todas as dúbidas plantexadas e asinou no noso libro de visitas.
- Tamén, en colaboración co departamento de Orientación, habilitamos un espazo ben visible para dar a coñer o autismo na escola aproveitando a data do 2 de abril, Día Mundial do Autismo. Fixemos unha exposición de títulos con pictogramas da biblioteca, así como de outos cedidos por membros do Equipo de Orientación do centro. O resultado é este:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)