viernes, 6 de abril de 2018

POESÍA E OUTROS TEMAS


  • Continuamos traballando coa poesía. Os rapaces e rapazas de 2Aº de Ed. Primaria aprenderon un poema para resaltar a importancia de compartir as tarefas doméstica e recitárono polas clases para que o resto do alumnado poidese escoitar o tema da igualdade en clave poética.

Do mesmo xeito,  alumnos e alumnas de 2ºB declamaron a Gloria Fuertes polas clases de terceiro e cuarto na Hora de Ler. Subíronse a cadeiras para estar á altura da importancia da actividade.




  • Continuando coa visita de escritores na biblioteca, o mércores, 4 de abril, Ramón Caride fixo unha animación lectora dirixida ao alumnado de 4º de Ed Primaria sobre o seu título "As viaxes de Ruki". Respostou a todas as dúbidas plantexadas  e asinou no noso libro de visitas.




  • Tamén, en colaboración co departamento de Orientación, habilitamos un espazo ben visible para dar a coñer o autismo na escola aproveitando a data do 2 de abril, Día Mundial do Autismo. Fixemos unha exposición de títulos con pictogramas da biblioteca, así como de outos cedidos por membros do Equipo de Orientación do centro. O resultado é este:





No hay comentarios:

Publicar un comentario