lunes, 14 de mayo de 2012

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO E ...
"MIL COUSAS PODEN PASAR"
Mil cousas poden pasar. Libro I
5ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil, 2009
Fernández Serrano, Jacobo
(Autor/a)
Fernández Serrano, Jacobo (Ilustrador/a)


"Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009...".


JACOBO NA NOSA BIBLIOTECA O 10 DE MAIO 
ENCONTRO CON XURXO SILVESTRE GÓMEZ
"Ti non xogas!", é o título dun dos libros escollidos neste curso polas profesoras de 3º de primaria para traballar na aula.
Autor: Xurxo Silvestre Gómez
Ed.: Xerais. Col Merín
"Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: —Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer".

A Biblioteca na súa programación, organizou os encontros con escritores. 
Un deles foi con Xurxo e aquí  podedes ver unha mostra dun día estupendo.