domingo, 5 de febrero de 2017

UN TRIMESTRE PARA A PAZ, OS VALORES E AS EMOCIÓNS

Un ano máis o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro celebra o DENIP ( acrónimo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz). Unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal  como un  “punto de partida e apoio para unha educación non violenta e pacificadora de carácter permanente”. A conmemoramos o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi.

Na presentación podedes ver as actividades que desenvolvimos e as que levaremos a cabo dende a biblioteca durante todo este trimestre: decálogo para facer a paz, conta - contos con Raquel Queizás, conta – contos relacionados con valores e coas emocións realizados polo equipo de biblioteca, lecturas compartidas, elaboración de bibliografía e outros materiais, proxeccións ...



Os equipos de Actividades Extraescolares e Complementarias, de Dinamización de Lingua Galega, e a profesora de música en colaboración con todas a titorías xunto coa nosa asesora de linguaxe de signos Aránzazu Casas, organizaron esta actividade conxunta no patio de colexio que resultou fantástica: Lectura do lema escollido e interpretación e baile da canción " Baile da Paz", de Mamá Cabra.

" OS DE  ........... CURSO  PINTAMOS A PAZ DE COR ............ COMO ................."





                                     







AS PREGUNTAS DO MES DE FEBREIRO

ACTIVIDADE MENSUAL "CONTAMOS TODOS"







No Laxeiro estamos ARTE-LLANDO e este mes o reto consiste en pescudar sobre os pintores e sobre as diferentes técnicas que empregan nas súas obras.

 









"EL CLUB DE LOS VALIENTES"

As profesoras de infantil e integrantes do equipo de biblioteca comezaron a realizar as actividades que vos presentamos anteriormente. Patricia Rey e Loli González contaron este conto marabilloso a todos os niveis de educación infantil e tamén a 1º curso de educación primaria.




Xa vos falamos desta estupenda colección "Cuentos para sentir", que edita SM e que está escrito por Begoña Ibarrola e ilustrado por Pablo Auladell.

Fala, como o seu título indica, da valentía. Esa "reacción emocional propia da persoa que non se deixa abrumar polo perigo ou as dificultades". Non significa "non ter medos, senón ser capaces de enfrontarse a eles"
Fonte: Ed. SM "El club de los valientes"


As profesoras contaron o conto que previamente dixitalizamos para visualizalo mellor a través do canón. Ao final, realizaron diversas actividades na que cabe salientar a colocación da pegatina que lles outorga como integrantes do ...

CLUB DOS VALENTES








OS VALENTES TAMÉN DURMEN!!!




CONTAMOS TODOS/AS

sábado, 4 de febrero de 2017


"EL ABRAZO DEL ÁRBOL"
Autora: Ana Alcolea
Ilustrador: David Guirao
Ed. Anaya. Sopa de Libros

Ana Alcolea, escritora aragonesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Filoloxía Inglesa, visitounos o mércores, día 1 de febreiro, para falar ao alumnado de 2º de educación primaria do seu libro "El abrazo del árbol". Libro escollido dentro dos itinerarios lectores para este curso 2016 /2017.


Ten unha obra extensa e varios premios: VIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, White Ravens 2012 y Premio CCEI 2012), o Premio Cervantes Chico 2016 ...





Fala das emocións e en concreto dos medos. 



 Miguel é un neno moi miedoso e unha cousa que lle da pavor é unha árbore que hai de camiño ao seu colexio. Pero un día, non tivo outro remedio que enfrontarse aos seus medos: o seu can Gustavino desaparecera entre as ramas do mesmo, así que ....

O alumnado gozou moitísimo coa súa presenza e non parou de preguntarlle cousas relacionadas co libro que leron, pero tamén relacionadas co proceso creativo da autora. 




MAGNÍFICOS TRABALLOS DO ALUMNADO DE 2º B DE PRIMARIA SOBRE O LIBRO DE ANA ALCOLEA "EL ABRAZO DEL ÁRBOL"




" O COCIÑEIRO MARTIÑO"

"O cociñeiro Martiño", primera obra do actor e profesor Iago López. Un álbum ilustrado por Marcus Romero.
Edicións Xerais. (Pequeno Merlín)

O martes, día 24 de xaneiro, tivemos a sorte de coñecer a Iago López, mestre de educación infantil, cotacontos, actor e director de teatro que fixo as delicias de alumnado de 1º e de 2º de educación primaria.






O profesorado destes niveis escolleron este fantástico e divertido álbum que nos fala de valores. "No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duques e príncipes de todas as cores e condicións ... martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa". ( Ed. Xerais) 





Un conto acumulativo no que o protagonista ten que buscar alianzas para preparar "o mellor biscoito da súa vida". Isto leva ao autor a tratar temas un pouco esquecidos na sociedade actual como son a cooperación, a solidariedade e a xenerosidade. 


Iago López mantivo unha constante comunicación cos nenos/as, interactuando con eles e facendo do mesmo non só unha hora divertida senón tamén de reflexión sobre o sentimento de comunción entre as persoas. 









SABELA GAGO CO ALUMNADO DE 2º E DE 3º DE PRIMARIA

QUE AGOCHAN OS GARABATOS?

 


Coma sempre que temos a Sabela Gago a creatividade e a diversión está garantizada.




GARABATOS QUE NON SON GARABATOS



SONOS QUE NON SON SONOS!



PERSONAXES FANTÁSTICOS !



E ATENCIÓN!!! MOITA ATENCIÓN!!!






COMA SEMPRE SABELA DEIXA A SÚA PEGADA! 



A AGORA A INSPIRACIÓN DOS ALUMNOS/AS DE 3º A