domingo, 5 de febrero de 2017

UN TRIMESTRE PARA A PAZ, OS VALORES E AS EMOCIÓNS

Un ano máis o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro celebra o DENIP ( acrónimo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz). Unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal  como un  “punto de partida e apoio para unha educación non violenta e pacificadora de carácter permanente”. A conmemoramos o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi.

Na presentación podedes ver as actividades que desenvolvimos e as que levaremos a cabo dende a biblioteca durante todo este trimestre: decálogo para facer a paz, conta - contos con Raquel Queizás, conta – contos relacionados con valores e coas emocións realizados polo equipo de biblioteca, lecturas compartidas, elaboración de bibliografía e outros materiais, proxeccións ...



Os equipos de Actividades Extraescolares e Complementarias, de Dinamización de Lingua Galega, e a profesora de música en colaboración con todas a titorías xunto coa nosa asesora de linguaxe de signos Aránzazu Casas, organizaron esta actividade conxunta no patio de colexio que resultou fantástica: Lectura do lema escollido e interpretación e baile da canción " Baile da Paz", de Mamá Cabra.

" OS DE  ........... CURSO  PINTAMOS A PAZ DE COR ............ COMO ................."





                                     







AS PREGUNTAS DO MES DE FEBREIRO

ACTIVIDADE MENSUAL "CONTAMOS TODOS"







No Laxeiro estamos ARTE-LLANDO e este mes o reto consiste en pescudar sobre os pintores e sobre as diferentes técnicas que empregan nas súas obras.

 









"EL CLUB DE LOS VALIENTES"

As profesoras de infantil e integrantes do equipo de biblioteca comezaron a realizar as actividades que vos presentamos anteriormente. Patricia Rey e Loli González contaron este conto marabilloso a todos os niveis de educación infantil e tamén a 1º curso de educación primaria.




Xa vos falamos desta estupenda colección "Cuentos para sentir", que edita SM e que está escrito por Begoña Ibarrola e ilustrado por Pablo Auladell.

Fala, como o seu título indica, da valentía. Esa "reacción emocional propia da persoa que non se deixa abrumar polo perigo ou as dificultades". Non significa "non ter medos, senón ser capaces de enfrontarse a eles"
Fonte: Ed. SM "El club de los valientes"


As profesoras contaron o conto que previamente dixitalizamos para visualizalo mellor a través do canón. Ao final, realizaron diversas actividades na que cabe salientar a colocación da pegatina que lles outorga como integrantes do ...

CLUB DOS VALENTES








OS VALENTES TAMÉN DURMEN!!!




CONTAMOS TODOS/AS

No hay comentarios:

Publicar un comentario