domingo, 5 de marzo de 2017

UN MES DE CONTOS PARA A PAZ

Durante todo o mes de febreiro traballamos os valores a través de contos relacionados coa amizade, a solidariedade, a marxinación, as diferenzas .... seguindo a programación que podedes ler neste blog.

EL LADRÓN DE PALABRAS

Autor: Nathalie Minne
Ilustrador: Nathalie Minne
Editorial: Editorial Luis Vives (Edelvives)
Temática: Sentimientos,Hábitos e valores,Lectura e escritura
Palabras clave: palabras,imaginación,amor,amistad

Neste libro un personaxe enigmático pasea polos tellados da cidade en busca de historias. Historias que contan os nenos ao deitarse, historias dos adultos que contan aos nenos... Palabras e historias que garda na súa cabaña e xogan misturándo entre elas. ten tantas, que necesita organizalas e cando as ten todas ben clasificadas decátase que lle falta a quen llas contar, mais tamén decátase de que hai palabras que descoñece.

Realizamos varias actividades relacionadas co libro: 

Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca



O alumnado de 6º curso confeccionou un gran mural.




Por último, os distintos grupos de primaria elixiron palabra grandes, blancas, ruidosas, inventadas .... para agasallar ao noso ladrón de palabras e construír novas historias.







ELOÍSA Y LOS BICHOS



Autor: Jairo Buitrago
Ilustrador: Rafael Yockteng
Editorial: El Jinete Azul
Temática: Diversidade. Aceptación de diferentes formas de ser




Este pequeno conto é un magnífico álbum ilustrado cuxa temática ten que ver co respecto á diversidade, resaltando a aceptación que debemos de ter pola maneira de ser dos demais. Porén é unha historia contada dun xeito moi peculiar fundamentalmente pola súa estética e polo pouco texto que ten.

Realizamos diversas actividades:



Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca e nas aulas na Hora de Ler.



Traballamos a comprensión lectora e realizamos unha reflexión sobre o mesmo. 

A continuación, presentamos aos nenos/as unha serie de preguntas que serviron para que expuxeran o seu punto de vista. 





Por último, conversamos e decidimos realizar uns debuxos relacionados coa pargunta:


Que podemos facer os demais para que Eloísa non vexa aos seus semellantes como se foran bichos?



(Nota: estes traballos os colgaremos no blog cando estean rematados)

HORA DE LER

CONTOS CURTOS  SOBRE AS EMOCIÓNS







O alumando de 6º curso A e B buscou na biblioteca unha serie de contos relacionados coa paz tanto en lingua galega como en lingua castelán.





Ao longo deste mes foron ás distintas aulas de infantil e primaria para realizar lecturas dramatizadas dos mesmos: 
  • Lingua castelá: libros de Begoña Ibarrola editados por SM: "¡ Venga, Eloísa, date prisa!", "Tú tienes la culpa", "Yo soy el mayor", "La jirafa Timotea", "Chusco, un perro callejero", 









A INSPIRACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL 





  • Libros en lingua galega: "Dereitos do neno e da nena", da editorial A Nosa Terra; "O neno sen nome", e "Boas noites" de Baía Editorial (Serie: Os Dereitos do neno e da nena) 




No hay comentarios:

Publicar un comentario