domingo, 12 de marzo de 2017

MARÍA CANOSA NA NOSA BIBLIOTECA

                                       
Título: "Rubicundo"
Autora: María Canosa.
Ilustradora: Nuria Díaz
Editorial: Xerais Col.: Merlín
3ª Edición - Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil, 2014
"Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos".

CRÓNICA DUNHA VISITA

O mércores, 8 de marzo, veu a visitarnos ao cole a escritora María Canosa, autora do libro “Rubicundo”. Ao comezo, María explicounos a razón pola cal estaba ese día na nosa biblioteca: era que se os nenos e nenas non léramos os seus libros, non estaría con todos nós.

Todos comezamos a facerlle preguntas. Por exemplo, como e por que escollera ese nome tan raro de Rubicundo para o seu libro?, Por que agora escribía libros infantís e antes, non?  Pouco a pouco a escritora ía aclarando todas estas dúbidas. Contounos que ao principio escribía libros de medo para adultos, pero un día o ilustrador dos seus libros (que se chamaba Dani)  lle dixo que estaba un pouco canso de debuxar sempre o mesmo e sempre as mesmas cousas. De seguido lle pediu que escribira un libro que lle inspirara debuxos e cousas diferentes Contounos que tamén coñeceu a unha grande ilustradora chamada Nuria Días, que ao final lle gustou tanto o libro de “Rubicundo” que decidiu ilustralo.

Falounos doutra moitas cousas, como por exemplo os libros que escribiu e os que van saír proximamente, en que se inspira para facelo ...

Ao final, firmounos a todos e a todas os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.

Un día estupendo!
Xaido Nimo Álvarez
Curso: 4º A




ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE REALIZAMOS



MARÍA CANOSA FIRMANDO TODOS OS EXEMPLARES



No hay comentarios:

Publicar un comentario