martes, 28 de marzo de 2017

RIMAS E PICTOGRAMAS 
PARA O ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS



O equipo de biblioteca realizou esta actividade para o alumnado de 3 e de 4 anos. Escolleron o libro "Rimas" de Xosé Lois Pitón (editorial Everest. Montaña Encantada) para xogar coas rimas:

Antes da lectura do mesmo procedemos a realizar o xogo da rima:
- Elaboramos tarxetas cun debuxo e a palabra correspondente.
- Repartimos tres tarxetas a cada neno/a de tal xeito que dúas delas rimaban entre si.
- Despois cada un foi dicindo que dúas palabras "soaban" millor. A que non quedaba ben, a tiraban a "O foso das palabras".
- Rematado o xogo, lles explicamos que cando xuntamos ás palabras que "soan ben", lles chamamos ...


"RIMAS" 


POSTERIORMENTE LEMOS O LIBRO E TRATAMOS DE MEMORIZAR ALGUNHAS


                           


FINALIZAMOS A ACTIVIDADE REALIZANDO UNHA FICHA 
"A FICHA ANIVERSARIO"

Finalizamos a actividade coa realización da "Ficha Aniversario" co debuxo dunha gran tarta acompañada da rima: 
"Parabéns para ti,
nesta data tan querida.
Moitas felicidades"







DRAMATICACIÓN PARA O ALUMNADO DE 5 ANOS E 1º DE PRIMARIA
"COUSAS DE PAPÁ"


O alumnado de 6º A de primaria dramatizou este fantástico libro - disco escrito por Raúl Gómez Pato (Ilustradora, Blanca Barrio; música de Héctor Lorenzo e editado por Xerais), ao alumnado de 5 anos e de primeiro curso de primaria.

A historia dun papá un pouco tolo e do seu fillo ... ou filla?, que escribiu unha serie de poemas moi divertidos e que fixo as delicias dos nenos e nenas.

O alumnado de 6º curso contou como este papá viaxa de aquí para alá nuhha vasoira a través de dezasete composicións.


PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE, REPARTO DE PAPEIS E ENSAIO




COMEZA A FUNCIÓN









MES DE MARZO: TRADICIÓN ORAL, POESÍA E TEATRO

Neste mes de marzo, igual que en cursos anteriores, a biblioteca conmemora tres datas moi importantes: o 20 de marzo, Día Mundial da Tradición Oral; 21 de marzo, Día Mundial da Poesía e o 27 deste mesmo mes, Día Mundial do Teatro.

Na seguinte presentación podedes ler a información ao respecto das datas, así como as actividades que estamos a desenvolver e que se prolongarán na primeira semana do mes de abril.


domingo, 26 de marzo de 2017

LEDICIA COSTAS CO ALUMNADO DE 5º CURSO DE PRIMARIA

Un curso máis con Ledicia Costas. E outro día fantástico que puideron gozar os alumnos/as de 5º curso de primaria que escolleron como lectura do segundo trimestre ( dentro dos Itinerarios lectores) o seu libro "Esmeraldina, a pequena defunta"




"Esmeraldina, a pequena defunta"
Edicións Xerais (Col. Merlin)

"O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta".



domingo, 12 de marzo de 2017

MARÍA CANOSA NA NOSA BIBLIOTECA

                                       
Título: "Rubicundo"
Autora: María Canosa.
Ilustradora: Nuria Díaz
Editorial: Xerais Col.: Merlín
3ª Edición - Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil, 2014
"Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos".

CRÓNICA DUNHA VISITA

O mércores, 8 de marzo, veu a visitarnos ao cole a escritora María Canosa, autora do libro “Rubicundo”. Ao comezo, María explicounos a razón pola cal estaba ese día na nosa biblioteca: era que se os nenos e nenas non léramos os seus libros, non estaría con todos nós.

Todos comezamos a facerlle preguntas. Por exemplo, como e por que escollera ese nome tan raro de Rubicundo para o seu libro?, Por que agora escribía libros infantís e antes, non?  Pouco a pouco a escritora ía aclarando todas estas dúbidas. Contounos que ao principio escribía libros de medo para adultos, pero un día o ilustrador dos seus libros (que se chamaba Dani)  lle dixo que estaba un pouco canso de debuxar sempre o mesmo e sempre as mesmas cousas. De seguido lle pediu que escribira un libro que lle inspirara debuxos e cousas diferentes Contounos que tamén coñeceu a unha grande ilustradora chamada Nuria Días, que ao final lle gustou tanto o libro de “Rubicundo” que decidiu ilustralo.

Falounos doutra moitas cousas, como por exemplo os libros que escribiu e os que van saír proximamente, en que se inspira para facelo ...

Ao final, firmounos a todos e a todas os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.

Un día estupendo!
Xaido Nimo Álvarez
Curso: 4º A




ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE REALIZAMOS



MARÍA CANOSA FIRMANDO TODOS OS EXEMPLARES



domingo, 5 de marzo de 2017

24 DE FEBREIRO CON ROSALÍA DE CASTRO


O 24 de febreiro celebramos 180 anos do nacemento da gran poetisa Rosalía de Castro, figura emblemática no Rexurdimento literario galego.

No CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro o celebramos con diversas actividades:

1. Dixitalización do libro - poema de Rosalía de Castro, editado por Espiral Maior  e magníficamente ilustrado por isabel Pintado.

2. Lectura do poema ao alumnado de educación infantil con xogos poéticos e debuxo da escritora.


                             

3. Recompilación de Unidades didácticas sobre Rosalía. 

4.Lectura dramatizada na Hora de Ler do poema "Miña casiña, meu lar", para o alumando de educación primaria

5. Unha proposta para a sección "Cotamos Todos", presentada na semana de Rosalía.

O RETO DA SEMANA DE ROSALÍA






                  
CONTAMOS TODOS
PREGUNTAS PARA PESCUDAR (MARZO)

UN MES DE CONTOS PARA A PAZ

Durante todo o mes de febreiro traballamos os valores a través de contos relacionados coa amizade, a solidariedade, a marxinación, as diferenzas .... seguindo a programación que podedes ler neste blog.

EL LADRÓN DE PALABRAS

Autor: Nathalie Minne
Ilustrador: Nathalie Minne
Editorial: Editorial Luis Vives (Edelvives)
Temática: Sentimientos,Hábitos e valores,Lectura e escritura
Palabras clave: palabras,imaginación,amor,amistad

Neste libro un personaxe enigmático pasea polos tellados da cidade en busca de historias. Historias que contan os nenos ao deitarse, historias dos adultos que contan aos nenos... Palabras e historias que garda na súa cabaña e xogan misturándo entre elas. ten tantas, que necesita organizalas e cando as ten todas ben clasificadas decátase que lle falta a quen llas contar, mais tamén decátase de que hai palabras que descoñece.

Realizamos varias actividades relacionadas co libro: 

Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca



O alumnado de 6º curso confeccionou un gran mural.




Por último, os distintos grupos de primaria elixiron palabra grandes, blancas, ruidosas, inventadas .... para agasallar ao noso ladrón de palabras e construír novas historias.







ELOÍSA Y LOS BICHOS



Autor: Jairo Buitrago
Ilustrador: Rafael Yockteng
Editorial: El Jinete Azul
Temática: Diversidade. Aceptación de diferentes formas de ser




Este pequeno conto é un magnífico álbum ilustrado cuxa temática ten que ver co respecto á diversidade, resaltando a aceptación que debemos de ter pola maneira de ser dos demais. Porén é unha historia contada dun xeito moi peculiar fundamentalmente pola súa estética e polo pouco texto que ten.

Realizamos diversas actividades:



Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca e nas aulas na Hora de Ler.



Traballamos a comprensión lectora e realizamos unha reflexión sobre o mesmo. 

A continuación, presentamos aos nenos/as unha serie de preguntas que serviron para que expuxeran o seu punto de vista. 





Por último, conversamos e decidimos realizar uns debuxos relacionados coa pargunta:


Que podemos facer os demais para que Eloísa non vexa aos seus semellantes como se foran bichos?



(Nota: estes traballos os colgaremos no blog cando estean rematados)

HORA DE LER

CONTOS CURTOS  SOBRE AS EMOCIÓNS







O alumando de 6º curso A e B buscou na biblioteca unha serie de contos relacionados coa paz tanto en lingua galega como en lingua castelán.





Ao longo deste mes foron ás distintas aulas de infantil e primaria para realizar lecturas dramatizadas dos mesmos: 
  • Lingua castelá: libros de Begoña Ibarrola editados por SM: "¡ Venga, Eloísa, date prisa!", "Tú tienes la culpa", "Yo soy el mayor", "La jirafa Timotea", "Chusco, un perro callejero", 









A INSPIRACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL 





  • Libros en lingua galega: "Dereitos do neno e da nena", da editorial A Nosa Terra; "O neno sen nome", e "Boas noites" de Baía Editorial (Serie: Os Dereitos do neno e da nena)