viernes, 2 de agosto de 2013

"Nicolás va de compras" e "Nicolás cocina sin fuego"
Dous libros dirixidos a persoas con necesidades educativas especiais. 
Ed. Kalandraka. Makakiños Día a Día
Textos:  Asociación  Bata


“KALANDRAKA e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo, con sé en Vilanova) crearon unha nova liña na súa colección de libros de fácil lectura, dirixida a persoas con necesidades educativas especiais. “Nicolás va de compras” e “Nicolás cocina sin fuego”, que levan o selo Makakiños día a día e están ilustrados pola artista pontevedresa Alicia Suárez, son materiais complementarios -de coñecemento e experimentación- que axudarán no desenvolvemento da súa autonomía persoal e da súa intercomunicación co contorno ás persoas con Autismo, Disfasia, Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”.
Publicado Yesterday por Asesoría Bibliotecas Escolares







“Nicolás va de compras” propón visitar froiterías, postos de verduras, carnicerías, peixerías, pastelarías, tendas de roupa, de obxectos de agasallo, espazos para o ocio... “Nicolás cocina sin fuego”, propón a preparación de pratos saborosos e sinxelos que se poden preparar sen lume, como canapés, ensaladas, macedonias, mousse de limón, xeado de plátano, batidos...
Os textos adaptáronse ao sistema de Símbolos Pictográficos para a comunicación (SPC) desenvolvido por Roxana Mayer Johnson.


MAKAKIÑOS é unha iniciativa pioneira da Asociación BATA e KALANDRAKA para superar as barreiras da incomunicación: libros “de fácil lectura” que buscan maior concreción e comprensión a nivel escrito e visual. A colección xa conta con adaptacións de contos tradicionais titulados “El conejo blanco”, “La ratita presumida”, “Chivos chivones” y “El patito feo””.
comunicacion@kalandraka.com | www.kalandraka.com