martes, 18 de diciembre de 2018

Recomendacións lectoras polo Nadal


Aproveitando estas datas, fixemos unha guía onde recollemos algunhas recomendacións de libros que nos parecen interesantes para que lea o noso alumnado.



https://issuu.com/publi_/docs/guia_lectura_2018

sábado, 1 de diciembre de 2018

Día Mundial da Diabetes, 14 de novembro


 Día Mundial da Diabetes, 14 de Novembro

     Hoxe tivemos unha visita moi especial, sobre todo para o alumnado de 1º de primaria, que foron os que o poideron desfrutar, en vivo e en directo.

     Ademais da visita de Raquel Queizás, que nos achegou, dun xeito moi divertido o mundo da diabete, tamén contamos coa presenza das cámaras da TVG. 

Premendo na imaxe poderedes ver o video.


http://www.crtvg.es/informativos/cada-mes-en-galicia-rexistranse-2-000-novas-persoas-diabeticas-3957295



    

24 de Outubro.

 Día Internacional das Bibliotecas Escolares

      Para celebrar este día, Gromiño convidou a todo o alumnado, a que visitasen a súa casa, a nosa fermosa biblioteca.
     Alí os membros da equipa de biblioteca, recibímolos e contámoslle moi brevemente a historia do porque deste día, e aproveitando que se estaba achegando o Samaín, poideron disfrutar deste espazo, vendo unhas curtas de animación terroríficas.
Déixovos algunhas fotos das visitas..

 


    

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Historias de Medo

Tradicións, adiviñas e contos do Samaín e do Magosto

Durante o mes de outubro e novembro, en colaboración coa Equipa de Dinamización da Lingua Galega, o alumnado do centro estivo a traballar sobre as nosas tradicións, o Samaín e o Magosto, deixovos unha pequena mostra do que traballamos.

 

lunes, 12 de noviembre de 2018

Taller de Cociña

Taller de Cociña de Samaín

O alumnado de 5ºA de Primaria, con motivo do Samaín, levou a cabo un taller de cociña terrorífica.
No video que tedes a continuación podedes ver o proceso e o resultado. 
Non vos adianto nada máis.

 
 

sábado, 20 de octubre de 2018

Come san, medra feliz!!





Como xa sabedes este curso escolar, imos traballar sobre o tema da alimentación e o importante que é esta para a nosa saúde.
Escollemos algúns libros da nosa biblioteca para que vaiades abrindo o apetito!!

e como non podía ser doutro xeito, recen saídos do forno...





jueves, 18 de octubre de 2018

Samaín

Xa fai uns días que estamos de volta, estivemos traballando para deixarvos algúns libros sobre o tema de este mes, o Samaín e o medo. Poderédelos atopar na entrada da biblioteca do colexio. 
Deixámosvos unhas fotos da selección que nos fixemos, pero dispoñemos de máis exemplares na biblioteca.
Animámosvos a que pasades a facernos unha visita.







miércoles, 6 de junio de 2018

ANIMACIÓN LECTORA A CARGO DE SABELA GAGO






O xoves 31 de maio, a actriz Sabela Gago visitou o noso colexio. Propúxonos facer un conto entre todos. Ela comezouno presentando aos personaxes (interpretados por algúns compañeiros) e logo nós fomos aportando ideas para o nó. O conto trataba de tres irmáns pobres que decidiron buscar fortuna. Un era o maior, chulo pero educado (interpretado por Iago); o mediano era inquedo pero de gran memoria (interpretado por Giovanni) e a pequena, tartamuda pero de bo corazón (interpretada por Ángela).
O resto facíamos ruídos e sons para a historia fose máis realista.
A min marabilloume o conto e tamén que Sabela Gago viñera á nosa biblioteca a compartir un tempo con nós.
Alan Fernández- 5ºA


Sabela Gago es una actriz y escritora muy simpática, me ha caído muy bien. Me hizo mucha gracia cómo era capaz de ir inventando la historia sobre la marcha y cómo nos decía “Anotadlo en vuestros ordenadores para que no se os olvide nada” y todo nos poníamos a teclear en nuestro ordenador imaginario. Los que interpretaron a los personajes lo hicieron muy bien. A mí me encantó su visita.
María Domínguez- 5ºA


Sabela Gago es escritora y actriz de teatro. Vino a contarnos una historia sobre tres hermanos huérfanos pobres que iban, uno a uno a buscar fortuna, se encontraban con una anciana que los ayudaba y un monstruo que los encerraba en el calabozo. Iago (5ºA), Giovanni y Ángela (5ºB) interpretaron a los hermanos y consiguieron que fuera muy divertido.
Pablo de la Hoz – Paula 5ºB 


Estoy muy contenta porque nos hemos inventado un cuento todos juntos. Han salido unos voluntarios y tenían que interpretar y lo hicieron muy bien. Me lo he pasado muy bien. Sabela me ha parecido una persona muy graciosa, sobre todo con mucha imaginación y superdivertida.
Zulema – 5ºB




jueves, 31 de mayo de 2018

ALBERTO COTO NO PINTOR LAXEIRO



O pasado martes 29 de maio recibimos no noso colexio unha visita moi especial. Alberto Coto, o famoso calculista, consiguiu deixarnos totalmente abraiados coa súa rapidez á hora de calcular e cos seus trucos matemáticos.

Así viviron os nenos e as nenas de 5º esta experiencia:

Alberto Coto visitounos no noso cole o martes. É un famoso matemático asturiano, heptacampeón do mundo de cálculo. Ao chegar, presentouse e falou sobre a súa infancia e como desde xa ben pequeno xogaba cos números. Despois, ao momento de calcular. FLIPAMOS! Máis que un matemático parecía un mago!”
Xaido


Cuando vino Alberto Coto al cole pensé que me lo iba a pasar genial pero no, me lo pasé genial. Me encantó cuando adivinó los números que habían elegido nuestros compañeros y cuando adivinó la fecha de algunos nacimientos. Me lo pasé muy bien porque a mí también me gustan las matemáticas. Cuando sea mayor queiero ser igual que él”.
Iago


La charla de Alberto Coto me encantó. Primero a algunas personas les mandó que trajesen calculadoras y les dijo que escogieran un número del 10 al 99. Yo escogí el 45. Nos pidió que lo multiplicásemos tres veces y después, con tan solo decirle el resultado, él adivinaba el número que habíamos pensado. Más tarde nos dijo que hiciésemos varias operaciones con nuestra fecha de nacimiento y él fue capaz de, al decirle el resultado de las operaciones, adivinar el día de la semana, el número de día, el mes y el año en el que habíamos nacido. Y por último, salió una niña a la pizarra, puso 15 números del 1 al 9. Alberto de dio la vuelta y en tan solo 3 segundos consiguió sumarlos”.
Naiala.

Alberto Coto nos contó que era consideramos una calculadora humana y que ganó varias medallas. También publicó varios libros. Nos propuso varias pruebas matemáticas en las que él adivina el resultado o sumaba muy rápidamente. ¡Nos dejó a todos con la boca abierta!”
Sara R

El 29 de mayo vino a nuestro colegio el calculista Alberto Coto. Vimos cómo era capaz de resolver operaciones de cálculo mental de una forma muy rápida. Nos sorprendió a todos. Nos contó cosas muy interesantes, como por ejemplo, que los psicólogos le hicieron un examen para ver cómo era de rápido calculando y los impresionó. Decían que él calculaba igual que leía. Yo me lo pasé genial escuchándole
Sofía

lunes, 21 de mayo de 2018

TERESA GONZÁLEZ E ANTÓN CORTIZAS NA BIBLIOTECA

TERESA GONZÁLEZ
Foi o pasado 11 de abril cando veu a visitarnos a escritora do libro "A filla do ladrón de bicicletas", Teresa González Costa. Resultou moi entretida a visita, grazas á simpatía e bondade da autora. Expliucóunos por que  de pequena decidira ser escritora. Gustáballe moito a lectura,. Para ela foi doado namorarse da lectura, xa que, os seus pais e o seu mellor amigo sempre lle regalaban libros.
Dixo que daquela vivía no campo, no Grove,  coa súa familia. Actualmente, reside en Francia e ten dúas fillas.
Con este libro gañou o premio Merlín. Para inventar o personaxe principal, Serafina, inspirouse en ela mesma cando era pequena, xa que lle encantaba montar en bicicleta. Tiña varias e ademais roubarollas moitas veces.
Despois falamos de desexos. Foi o que máis me gustou. Por último,  asinounos os libros cunha dedicatoria.                                      
                                                                                        (Marina 6ºB)

 Teresa naceu no Grove e actualmente vive en Francia. Viviu en moitos paises e, grazas a iso, sabe italiano, francés e inglés. Ela non só veu falar do seu libro, se non que,  tamén  se interesou por nós.
Comezou dicindo que acababa de saír a precuela do libro. Dixo que se inspirou na súa infancia para escribilo. Un dos personaxes é igual que un neno amigo seu.
Cando era pequena o seu pai tivera un problema, entón decidiu mercar cabalos, cabras e vacas e marcharon a vivir ao campo.
A súa afición a escribir veulle de que os seus familiares e amigos regalabanlle moitos libros.
Antes de rematar a visita preguntou a algúns nenos polos seus desexos ou sonos. Finalmente asinounos o libro.
                                                                                          (Martín 6ºB)


....Contounos que cando era pequena ía ao colexio a cabalo ou en bicicleta; que vivía nunha casa no monte porque o seu pai era pastor; e que actualmente vive en Francia.
Para facer o personaxe do vello Elías inspirouse nun escritor que viaxa polo mundo. Tamén nos dixo porqué é malo Martiño "o Bravo" e a tía Perfecta; e que ten unha precuela do libro.
Ela é difernte aos demais autores porque quixo saber de nós, quixo coñecernos. Preguntounos os nosos desexos pero eu non quixen dicilo. Se os dixera pediría que os meus amigos e familiares foran inmortais, que se acabaran as guerras e que os meus amigos viñeran comigo a Paraguay.

                                                                                      (Camila 6ºB)

...A charla foi moi divertida e ela é moi boa. Coa firma do libro debuxou unha bicicleta e unhas estrelas. O que máis ilusión me fixo foi que xa están nas librarías a precuela da "Filla do ladrón de bicicletas".                                           
                                                                                    (Nuria 6ºB)

...Xa por último mirou os nosos finais da historia e debuxos. Dixo que os quería para ela. Firmounos os libros e fúmonos para clase.
                     
                                                                                 (Yessica 6ºB)
...Inspirouse nela mesma para inventar a Serafina, a protagonista da historia. Outro dos personaxes, a tía Perfecta, describiuna como unha narcisista, e dixo que se parecía moito á súa caseira de cando estudaba a carreira universitaria en Santiago, que sempre andaba a pedir diñeiro. ...
                                                                               (Andrea 6º B)






ANTÓN CORTIZAS

O 12 de abril, o escritor Antón Cortizas veu facer unha animación lectora á biblioteca, dirixida ao alumnado de 2º curso, sobre o seu título "O lapis de Rosalía" (Ed. Xerais). Contoulle aos rapaces e rapazas que empezou a escribir a historia cando a súa filla, tamén chamada Rosalía, tiña seis anos. Explícalles que  o feito de que Rosalía tivera bolboretas na boca é unha metáfora, e que é por que fala bonito, fala galego... Con estos argumentos tan agarimosos fixo as delizas de todo o alumnado. Organizou un pequeno obradoiro de papiroflexia e ensinoulles a construir un paxaro de papel. Os nenos e nenas disfrutaron moito deste momento
.


miércoles, 16 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Hoxe celebramos as Letras Galegas no Laxeiro cun festival onde homenaxeamos a María Victoria Moreno, insigne escritora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.
Os nenos e nenas de 4º de Ed Primaria fixeron lectura da biografía da autora.


Os nenos e nenas de 5º de Primaria representaron a súa obra "¿Un cachiño de bica?"


Outra das actuacións veu da man do Equipo de Teatro  que con alumnos de 3º e 6º de Ed Primaria representaron a obra "Gromiño viaxa por Vigo", baseada nos contos elaborados na Biblioteca no obradoiro de contos da Biblioteca;  actividade que fomenta a expresión escrita, artística e creativa; amén de animar á lectura.
                                               



Durante toda a semana estivemos dando a coñecer ao noso alumnado a María Victoria a través da: 

  • Lectura dos seus poemas na biblioteca:


  • Debuxos sobre a súa figura.


  • Murais evocadores.






domingo, 22 de abril de 2018

23 DE ABRIL- ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O DÍA DO LIBRO



O Equipo de biblioteca ten programadas as seguintes actividades para conmemorar o Día do Libro, o vindeiro luns 23 de abril:
·         A TODOS OS CURSOS: Confección dun marcapáxinas según plantilla. Cada alumno/a pode escribir una frase de produción propia sobre o feito de ler e  intercambialo cun compañeiro/a.
O día 23,  con cada libro prestado levarán un doce de caramelo.
·         EDUCACIÓN INFANTIL:
Un grupo de alumnos e alumnas de sexto elaboraron un conto interactivo protagonizado por Gromiño e a Fada do paseo de Alfonso XII.  Os autores e autoras serán os encargados de contalo na biblioteca en Hora de ler ao alumnado de Infantil. As quendas son:
      -Luns, 23: 5 anos A e B
      -Martes, 24: 3 anos B
      -Mércores, 25: 3 anos A
      -Xoves, 26: 4 anos A e B
·         EDUCACIÓN PRIMARIA:
- A mestra Isabel pasará polas clases a ler contos elaborados por alumnado do centro e coordinados pola biblioteca,  segundo a súa disponibilidade horaria e previo aviso ás titoras e titores.
-Alumnos de sexto farán apadriñamento lector o luns, día 23, no patio e na hora de ler. Se outros cursos están interesados nesta actividade, contactar con calquera membro do Equipo de biblioteca.
-Os cursos que recibiron os debuxos das recomendacións lectoras (4º, 5º e  6º) poden pegalas nunha libreta, cartulina,ou folio  e facer alguna referencia a esta data:                         
“El día 23 de abril fue elegido como «Día Internacional del Libro», pues supuestamente coincide con el fallecimiento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega en la misma fecha en el año 1616. Realmente Cervantes falleció el 22 y fue enterrado el 23 cuando se consignó la fecha del fallecimiento, mientras que Shakespeare murió el 23 de abril del calendario juliano, que corresponde al 3 de mayo del calendario gregoriano. En esta fecha también fallecieron William Wordsworth (en 1850) y Josep Pla (en 1981).
La Unión Internacional de Editores propuso esta fecha a la UNESCO, con el objetivo de fomentar la cultura y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor. La Conferencia General de la UNESCO la aprobó en París el 15 de noviembre de 1995, por lo que a partir de dicha fecha el 23 de abril es el «Día Internacional del Libro y del Derecho de Autor».   
                        https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

   


viernes, 6 de abril de 2018

POESÍA E OUTROS TEMAS


  • Continuamos traballando coa poesía. Os rapaces e rapazas de 2Aº de Ed. Primaria aprenderon un poema para resaltar a importancia de compartir as tarefas doméstica e recitárono polas clases para que o resto do alumnado poidese escoitar o tema da igualdade en clave poética.

Do mesmo xeito,  alumnos e alumnas de 2ºB declamaron a Gloria Fuertes polas clases de terceiro e cuarto na Hora de Ler. Subíronse a cadeiras para estar á altura da importancia da actividade.




  • Continuando coa visita de escritores na biblioteca, o mércores, 4 de abril, Ramón Caride fixo unha animación lectora dirixida ao alumnado de 4º de Ed Primaria sobre o seu título "As viaxes de Ruki". Respostou a todas as dúbidas plantexadas  e asinou no noso libro de visitas.




  • Tamén, en colaboración co departamento de Orientación, habilitamos un espazo ben visible para dar a coñer o autismo na escola aproveitando a data do 2 de abril, Día Mundial do Autismo. Fixemos unha exposición de títulos con pictogramas da biblioteca, así como de outos cedidos por membros do Equipo de Orientación do centro. O resultado é este:





sábado, 24 de marzo de 2018

MARÍA CANOSA - AN ALFAYA: SEMANA DE AUTORAS NA BIBLIOTECA/ MARZO, MES DA POESÍA

O pasado martes, 20 de marzo, a autora María Canosa visitounos por segundo ano consecutivo para facer unha animación lectora sobre seu libro "Rubicundo", elexido como itinerario lector polo profesorado de 3º de Ed Primaria.
Invitou ao alumnado a ler porque grazas aos lectores e lectoras, pode escribir as súas historias.
Explicounos que os nenos e nenas aínda se cuestionan todo aquilo que lles rodea, e que, a diferencia dos adultos, non quedan só coas apariencias, se non que profundizan na realidade, e que,grazas a esta calidade, personaxes como Rubicundo poden cambiar de actitude frente á vida. Erea quixo saber o porqué da amargura do protagonista e achegarrse á súa personalidade. Esta é a máxia dos nenos e nenas que,  segundo ela, son capaces de chegar ao profundo. Se Erea non se preocupara por aquel home, ninguén o faría, e non tería a posibilidade de cambiar.



Os nenos preguntáronlle  como se lle ocorrera a historia. entón faloulles dun amigo ilustrador, Dani Padrón, que lle pidira que debuxara un malo e que o máis malo que logrou imaxinar naquel momento foi Rubicundo, que aínda que non o pareza nun primer momento, en realidade é bo. Ten mal carácter, eso sí, porque está enfadado, triste , abatido e, sobre todo, só e desamparado. Non quería ter amigos por medo a perdelos pero grazas a Erea recuperou o sorriso e voltou a gozar da amizade.
Presentou o libro ao premio Merlín e publicáronllo pero ilustrado por Nuria Díaz.
Tamén se interesaron polo nome de Rubicundo, de onde o sacara. A palabra escoitouna nun concurso da TVG, apuntouno nun caderno de notas onde vai anotando todo o que lle parece interesante por se lle sirve para as súas historias. Rubicundo gustoulle porque é sonoro e, ademáis, cando se acurta soa incluso doce, Rubí.
Contoulles que empezou cedo a inventar poemas e historias, incluso antes de aprender a escribir, con catro ou cinco anos.
Un ano máis quedamos encantados de recibir con moito agarimo a María e queremos que siga escribindo sempre para poder disfrutar da literatura con ela.






O xoves 22, achegouse An Alfaya para facer a animación lectora sobre o seu título "O fío vermello" dirixida aos nenos e nenas de 5º de Ed Primaria. Foron eles e elas os que fixeron a crónica da visita:

"Encauntoume a visita de An Alfaya. Contounos moitas historias que lle sucederon. A primeira cousa que nos dixo foi que a súa palabra máxica para escribir era imaxinación. Tamén nos contou que de pequena era moi tímida, e as tarefas que lle poñía a mestra as remataba antes que todos. E nese tempo que tiña libre escribía pola parte de atrás da libreta poemas. Ata que un día a mestra pillouna e botoulle unha bronca enorme, ata chamaron a os seus pais. 
Díxonos que un día a súa veciña que calcetaba, olvidouse o fío na mesa da súa cociña. An estaba cociñando e facendo as tarefas da casa e se lle enganchou o fío no reloxo e non se enterou. Foi por toda a casa co fío na man ata que se decatou do que tiña enganchado, e así inspirouse para facer o libro "O fío vermello". E finalmente dixo que tiña un pouco de relación con Elisabeta (un personaxe do libro) porque de pequena gustábanlle moito as ciencias".
                                                                                                   Naiala Camisón Araújo 5ºA


Hoxe xoves, 22 de marzo de 2018, veu An Alfaya a escritora do libro  O fío vermello". Ela explicounos a min e á miña clase, a á outra, cando empezou a escribir, en que se inspirou, cantos premios gañou, de onde son os nomes dos libros,.. cousas dese tipo.
A charla que nos deu An pareceume moi interesante polo que dixo e ademais como se expresaba ao falar.
Por último, firmounos o libro cunha fraseciña, a min: "Para Ayelén, un bico agarimoso de An".
                                                                                 Ayelén 5ºA
"Ola. Eu son Raúl e vou falar do que nos dixo a escritora An Alfaya. Falounos de moitas cousas, por exemplo, de como se inspirou para escribir os libros e de como creou os personaxes. Tamén que tardou de tres a catro meses en escribilo e da forma en que se lle ocorreu. Ela, un día chega á cas e atopou uha pelota de lá na cociña e enganchouselle nunha pulsera que levaba no pulso. Non se dou de conta ata que mira para atrás e ten un fío enganchado e, case ao mesmo instante, ocorreuselle a historia. No seu ordenador ten moitas historias sen piblicar que pouco a pouco vai completando.
O libro que limos gustoume moito e a escritora tamén."
                                            Raúl Iglesias López 5ºA

"Hoxe, xoves 22 de mrzo. viu An Alfaya ao noso colexio para falarnos  do seu libro "O fío vermello". Trouxo unha acompañante moi especial: unha tartaruga.
Falounos das situacións e ideas nas que se inspirou para escribir o seu libro...
...Cando nos mostrou a tartaruga Parda  unha compañeira preguntoulle se era a súa mascota e contesoulle que sí. A todos nos encantou Parda.
Eu pregunteille cantos premiso gañara e contestou que bastantes. Pero dixo que non escribe para os premios senón por diversión. Xa de pequena escribía poemas detrás das súas libretas".
                                                                                       Alán Fernández 5ºA


Os nenos e nenas agasallárona cos seus traballos, entre eles un precioso libro xigante con reflexións, resumos e posibles finais para "O fío vermello". Ela recibiuno con moito agarimo e dixo que se levaba moi bo recordo desta visita.

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
                                             MES DA POESÍA

Marzo é o mes no que promocionamos a poesía para traballar nas aulas. Para isto fixemos unha exposición de libros á entrada da biblioteca agrupados por temáticas para facilitar a elección aos usuarios.

Ademais estivemos a preparar o poema "A Margarita Debayle" de Rubén Darío. O xoves e o venres María Pérez e Zulema de 5º de Ed Primaria, declamarona polas aulas; mentres que Xaido, María Domínguez e Estela, tamén de quinto,  moveron os monicreques para escenificar o argumento.


                                                                                               

miércoles, 14 de marzo de 2018

ANA ALONSO NA BIBLIOTECA



"Unha biblioteca con camas", así nos contou a escritora Ana Alonso que lle chamaba unha amiga da infancia á súa casa porque estaba chea de libros. Con esta anécdota, comenzou a animación lectora  para os rapaces e rapazas de sexto curso de Ed Primaria. Antes xa o fixera para os de segundo.
Convidou a todos e todas a facer da lectura un hábito,  xa que nos permite adentrarnos en nós mesmos e, deste modo, a nosa mirada non se limita só ao exterior. Trátase dun exercicio de introspección que permitirá mellorar aquilo que non nos gusta. Cando lemos estamos desenrolando empatía, unha habilidade social que nos posibilita xestionar a nosa vida de forma positiva. Dixo, no mesmo senso, que hai estudos sobre todo isto. Na Universidade de Stanford (EEUU), despois dunha investigación, chegaron á conclusión de que a xente que le ten unha vida mellor.
Por outra banda, Ana Alonso explicou que para disfrutar da lectura é necesario dispoñer de certa técnica, porque hai que procesar a información a medida que se vai lendo. Compara a lectura coa práctica de certos deportes como a natación.


Lembrou como comenzou a su andaina como escritora na revista escolar en 5º de Primaria. Ao ano seguinte, logo de desaparecer a revista da clase, siguiu escribindo porque lle servía de desafogo; sen embargo, a partires dos 13 anos empezou a esconder os escritos por vergoña a expresar os seus sentimentos. 
Unha vez xa na universidade, onde estudiou bioloxía, presentouse a un concurso de poesía con un psedónimo "Rapunzel", sobrenome que non foi elexido ao chou, se non para expresar como se sentía naquel momento fronte á literatura, soa, con medos e inseguridades. Pero antes de someter os  seus poemas ao criterio dun tribunal, llos dou a ler ao seu pai, que foi quen de animala.
Premiarona, con 19 anos, e así ata oito premios máis.
No mundo das letras e a literatura coñeceu ao que é hoxe a súa parella e coautor de moitos títulos, Javier Pelegrín, como é o caso da saga "La llave del tiempo".
Grazas a esta colaboración entre a parella de escritores, Ana Alonso puido deixar o seu traballo como profesora de CC Naturais en Secundaria, hai xa doce anos, para adicarse por enteiro á literatura. Foi a promotora da colección: Una pizca de sal da editorial Anaya.
  Cando se referiu ao título, obxecto da animación lectora, "Marea Negra", fixo unha mención especial ao ilustrador, Jordi Vila, ao que considera, non só un colaborador, se non,   un amigo. Contounos que as súas habilidades como artista lle veñen de familia. O seu pai fixo as vidrieiras do templo A Sagrada Familia de Barcelona; e o seu irmán foi ceramista nas paredes deste mesmo lugar. Ademáis o seu avó xa fora un pintor de certo renome. Dou  conta do meticuloso que resulta no seu traballo; pintou varias veces unha mesma rúa ata dar coa cor da luz de Muxía, localidade na que transcorre a historia.
No turno de preguntas por parte do alumnado, destacou que escribir este libro lle levou dous meses; que só ten un título para maiores e que o resto da súa obra é  literatura infantil e xuvenil. Engadiu que o desastre ecolóxico do "Prestige" lle impactara moito, e non só como bióloga; que viaxou moitas veces pola Península e polo  estranxeiro impartindo charlas. Pero, o que máis nos gustou como galegos e galegas que somos, foi oirlle decir que lle encanta a nosa terra, a nosa literatura, o noso idioma, os nosos poetas. Nomeou a obra de Manuel María como un referente.



Despois de firmar  exemplares, os alumnos e alumnas de 2ºB déronlle un agasallo; un debuxo asinado por todos e todas sobre a historia "La rueda mágica".


"Me encantó la visita de Ana Alonso porque entendí muy bien lo que nos explicó y me pareció estupendo que nos animara a leer y a escribir para cumplir nuestros sueños, igual que lo hizo ella. Me pareció una persona muy agradable".                                                         
                                                                                                                 Marina 6ºB




"Ayer vino Ana Alonso, una escritora. Nos contó la historia de por qué quería ser escritora. Yo me quedé pensando:"¡Que imaginación tiene esta mujer!" Y es que me animó a seguir escribiendo cuentos y poemas. Me encantaba la forma en la que explicaba cosas de modo infantil para que lo entendiéramos todos. Fue abrir la puerta de la biblioteca y emocionarme. Yo pensaba que con todos los cuentos y poemas que escribía le costaba muy poco pero no porque sin esfuerzo no se consigue NADA".                                                                                    
                                                                                                                  Aroa 2ºA






miércoles, 7 de marzo de 2018

GUÍA DE LECTURA. 8 DE MARZO, DÍA INTENACIONAL DA MULLER





Os membros da comunidade educativa do Pintor Laxeiro queremos educar e ser educados e educadas na IGUALDADE. Rexeitamos os roles de xénero. Desexamos e anhelamos unha sociedade igualitaria e paritaria. Estamos dispostos e dispostas a aportar o noso gran de area para que isto suceda.

Damos visibilidade ao 8 de marzo con carteis que lembran o día Internacional da Muller.

Reservamos un recuncho adicado a ELAS, as protagonistas moitas veces esquecidas, pero non por iso menos importantes.
Adicamos o noso tempo a coñecelas, a saber dos seus empeños, os seus esforzos e os seus logros. Fai uns días lembramos a Rosalía de Castro como pioneira das reivindicacións das mulleres na sociedade, e esta semana ampliamos o estudo,  a aquelas que loitaron por conseguir un soño.


8 DE MARZO DE 2018