domingo, 13 de marzo de 2016

BRIGADA DE GROMIÑOS EN ACCIÓN

Durante esta semana invitamos a un grupo de alumnos e alumnas de sexto de Ed Primaria, a participar como voluntarios/as no recreo en tarefas propias de Biblioteca: confeccionar carteis, colocar libros, arranxar espazos... Para a nosa sorpresa, houbo tantos voluntarios e voluntarias que tivemos que facer quendas semanais. As primeiras en lucir o pin de Gromiño, feito que as acredita como axudantes de Biblioteca, foron: Alba, Sonia, Lara, e Iria...





Elas encargáronse de elaborar o cartel da  Pregunta do mes de marzo, que como non podía ser doutra maneira, adicámolo a mulleres célebres nas ciencias e nas letras; a mulleres famosas, emprendedoras, loitadoras, gobernantes, inconformistas...






Para atopar a solución ás cuestións do mes,  fixemos unha pequena mostra de fondos da biblioteca á entrada:




Aos nenos e nenas de cursos máis baixos, tamén lles encanta participar en tarefas de organización e dinamizacion da Biblioteca no centro. Na imaxe vemos a Xulio, Alejandra,  Xaido e Mario, no momemto posterior ao anuncio ao resto dos compañeiros e compañeiras, de que xa podían participar na Pregunta do mes de marzo. Como bos axudantes que son,  locen moi ledos o pin de Gromiño:




Ademais colaboraron Alexia, Uxía, Elena e Marta. Encargáronse de repartir un pequeno agasallo a todos e todas as participantes na Pregunta do mes de xaneiro; así como,  de colocar por orde alfabética os fondos de poesía e teatro que hai na biblioteca:






Lucía, Emanuel, Felipe e Lucas, colaboraron en tarefas de colocación e orden: