30 DE OUTUBRO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Como todos os anos, nestas datas achégase a conmemoración do
Día Escolar Pola Paz e a non Violencia. Dende a Biblioteca programamos unha serie de actividades que se
recollen na unidade didáctica que vos presentamos e que poñemos a disposición de todo o profesorado do centro.
A través da gastronomía trataremos de educar ao noso alumnado na.
NON VIOLENCIA
NO RESPECTO
NA TOLERANCIA
NA DIVERSIDADE
NA MULTICULTURALIDADE
NO ESFORZO
NO TRABALLO
NA SUPERACIÓN...
Ao final, confeccionaremos o noso libro de receitas para comer en paz e en compañía.
Tamén puxemos á disposición de todo o profesorado e alumnado unha serie de libros relacionados con estes temas. Todos eles conforman unha exposición na entrada principal da biblioteca, o profesorado escolle aqueles que considere oportuno para desenvolver a unidade didáctica reflectida.
Todo isto complétase con outras actividades que imos desenvolver ao longo desta semana en colaboración con outros equipos de coordinación docente.