martes, 22 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA

 Onte conmemoramos o Día da Poesía; nesta ocasión fixemos unha proposta ao resto do profesorado que consistía en elaborar un pequeno traballo nun folio por alumno/a sobre diferentes poemas que puideran resultar interesantes para o profesorado e alumnado e a partir da lectura e comentario dos mesmos, realizar un debuxo sobre aquilo que lles inspirase o poema.


Deixamos un código QR con exemplos destes traballos:







lunes, 14 de marzo de 2022

ENCONTROS CON ESCRITORES

 Como ve sendo habitual no noso colexio, tódolos cursos veñen os autores dos libros escollidos no itinerario lector polos doiferntes titores.

Neste curso comezamos as visitas de autores o 3 de marzo con Ana Alcolea e o seu libro: "Casilda y la mariposas" para os nenos e nenas de 2º de Eduación Primaria.


 Tamén ese mesmo día recibimos a vista de Ledicia Costas para falarlles ao alumando de 3º de Educación Primaria sobre o seu libro: "El ataque polillla".

Encantounos a visita das dúas autoras. Moitas grzas por todo. 

 

 

Tamén queremos compartir o traballo realizado a partir da elección deste libro do itinerario lector en 3º A


jueves, 10 de marzo de 2022

ENTROIDO

 Neste curso o entroido estivo centrado no Proxeto do noso colexio:

ECOLAXEIROS: DESCUBRINDO A ARTE

Así que, como non, as ordes do Meco foron realcionadas con esta temática. e dende Arts pintaron nas súas camisetas unha obra de Laxeiro.

Ademais, no patio do colexio cantamose bailamos de xeito coreografiado a famosa cantiga de Tanxugueiras: Terra.


 

DÍA DA MULLER

 Co lema PÍDOME IGUALDADE, celebramos o 8 de abril, o Día Innternacional da Muller.

Dende o noso equipo fixemos unha exposición de libros de grandes mulleres que marcaron a nosa historia para que todo aquel que quixese puidese traballar con eles.










Ademais, fixemos unha proposta para traballar Mulleres PIONEIRAS de diferentes campos, arte, ciencia, historia,...



No código qr poderedes observar algúns dos traballos do noso alumnado.