jueves, 22 de febrero de 2018

XA ESTÁ! ABRIMOS AS FIESTRAS POR E PARA ROSALÍA

Levamos toda a semana con preparativos para dar a coñecer a figura de Rosalía. Queremos sumarnos á estela de difusión da súa figura e obra a través dos centros de ensino . O resultado salta á vista:









Os carteis e murais xa penduran dos cristais das nosas ventás:



Mañá, venres, colocaremos unha gran pancarta nas reixas de acceso ao centro. Os alumnos e alumnas de 2ºA de Primaria déronlle hoxe os últimos retoques.





Alumnas de sexto ensaiaron poemas e cancións con letra de Rosalía para recitar polas aulas.


Os poemas están listos para montar a modo de rosas. 



Os retratos da autora resultan do máis persoal.



E por fin, o traballo listo!! Hoxe,venres, a pancarta loce na reixa dende primeira hora; nela pódese ler a dedicatoria a Rosalía: "Pareces unha rosa".


Nas clases rematáronse os traballos individuais propostos para lembrar esta data sinalada.
En 2º de Ed Prim. traballaron a biografía da autora a través dun libriño e os seus versos plasmáronos nunha rosa.


En Ed Infantil (5anos), confeccionaron os murais con pictogramas.




En Ed Infantil (4anos): "Tod@s somos Rosalía", esta actividade físoxe extensiva para todo infantil




Os nenos e nenas de Ed Infantil, 3 anos, tamén decoraron un poema con pictogramas. Aprenderon a estrofa. Como anécdota sinalar que algún neno, en lugar de "vente lavar", recitou "vente duchar", para satisfacción das súas mestras que se alegraron de que captaran a mensaxe.


Ademais desfilaron diante do cole dando visibilidade ao rostro da autora.

En 1º de Ed Prim. aproveitaron o poema "Adios ríos, adios fontes..." como elemento motivador para un proxecto sobre as plantas.


O resto dos cursos puideron gozar  dos versos de Rosalía nas voces do alumnado de sexto.
Lucía e Valeria nun momento da súa actuación en 3º de Ed. Primaria.





                                  Ainhoa e Alba de 2ºB recitaron poemas en Infantil.


Lembramos a presenza de Rosalía en Vigo.




domingo, 18 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Esta semana imos traballar a figura da insigne escritora para conmemorar o 24 de febreiro, aniversario do seu nacemento. Esta celebración foi proposta pola Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega desde o 2010.

Queremos sumarnos á proposta feita pola AELG :

"Para expandir o poder da palabra de Rosalía de Castro entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG:

Educación Infantil e Primaria

Para estas etapas de ensino o lema da proposta #AbrideAFiestra pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno facerse cómplice da Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra,  propoñemos para o venres 23 de febreiro que cada alumna/o elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), algún elemento iconográfico de Rosalía de Castro e/ou transcriba os seus versos soltos ou poemas completos para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente.

Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto faríanse fotos do alumnado, acompañado ou non das súas persoas maiores, portando entre ambos outro pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, abrimos a un mundo e un tempo novo."

Os pequenos e pequenas de Infantil xa empezaron o venres a preparar o material para elaborar a súas rosas para Rosalía; e os maiores, os retratos para adornar as fiestras.