domingo, 17 de diciembre de 2017

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Como cada ano gústanos publicar unha guía de lecturas para axudar a elixir títulos que podan resultar atractivos. Para elaborala tivemos en conta o título do PDI deste curso "Queres coñecer Vigo comigo?" Eliximos contos sobre a cidade pero tamén sobre  civismo e bos costumes. Engadimos algún título de María Victoria Moreno, protagonista das Letras  Galegas 2018, e de Antonio García Teijeiro, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil 2017.






Esperamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos  a todos e todas un BO NADAL 2017.


http://quehacerenvigo.es/programacion-de-navidad-en-vigo-2017/

miércoles, 6 de diciembre de 2017

RONDA DE ANIMACIÓNS LECTORAS

Esta semana tivo lugar, na aula de audiovisuais, unha ronda de animacións á lectura a cargo do alumnado de quinto de Ed Primaria. Por segunda vez, neste curso, púxose en práctica esta actividade. Apréciase unha maior soltura nas exposicións,  resultado da progresiva adquisición de  confianza en si mesmos para falar en público.

Os alumnos e alumnas len un título que lles parece atractivo; tras a lectura preparan e realizan unha presentación diante dos compañeiros e compañeiras na que comentan as súas impresións sobre o argumento do libro ou sobre o  autor/a. A exposición acompáñase dalgún tipo de animación como pode ser unha poesía, un teatrillo ou un traballo de plástica. Tamén poden comparar varios títulos dun autor completando á actividade coa biografía,  ou confrontar un libro e a súa película, etc... Todo resulta válido con tal de que lean e sexan capaces de expoñer oralmente traballos sobre as lecturas. Pódese facer individualmente ou en pequeno grupo.

O obxectivo desta actividade vai dirixido a fomentar o uso da lectura, desenrolar o espírito crítico, mellorar a expresión oral e poñer en práctica o traballo en equipo.
  
Sara e Paula nun momento da súa exposición
Alán quixo comparar varios títulos do mesmo autor.

Uxía, Ana Uxía e María engadiron un traballo de plástica á animación.











Pablo e Andrés na súa exposición.