sábado, 24 de marzo de 2018

MARÍA CANOSA - AN ALFAYA: SEMANA DE AUTORAS NA BIBLIOTECA/ MARZO, MES DA POESÍA

O pasado martes, 20 de marzo, a autora María Canosa visitounos por segundo ano consecutivo para facer unha animación lectora sobre seu libro "Rubicundo", elexido como itinerario lector polo profesorado de 3º de Ed Primaria.
Invitou ao alumnado a ler porque grazas aos lectores e lectoras, pode escribir as súas historias.
Explicounos que os nenos e nenas aínda se cuestionan todo aquilo que lles rodea, e que, a diferencia dos adultos, non quedan só coas apariencias, se non que profundizan na realidade, e que,grazas a esta calidade, personaxes como Rubicundo poden cambiar de actitude frente á vida. Erea quixo saber o porqué da amargura do protagonista e achegarrse á súa personalidade. Esta é a máxia dos nenos e nenas que,  segundo ela, son capaces de chegar ao profundo. Se Erea non se preocupara por aquel home, ninguén o faría, e non tería a posibilidade de cambiar.



Os nenos preguntáronlle  como se lle ocorrera a historia. entón faloulles dun amigo ilustrador, Dani Padrón, que lle pidira que debuxara un malo e que o máis malo que logrou imaxinar naquel momento foi Rubicundo, que aínda que non o pareza nun primer momento, en realidade é bo. Ten mal carácter, eso sí, porque está enfadado, triste , abatido e, sobre todo, só e desamparado. Non quería ter amigos por medo a perdelos pero grazas a Erea recuperou o sorriso e voltou a gozar da amizade.
Presentou o libro ao premio Merlín e publicáronllo pero ilustrado por Nuria Díaz.
Tamén se interesaron polo nome de Rubicundo, de onde o sacara. A palabra escoitouna nun concurso da TVG, apuntouno nun caderno de notas onde vai anotando todo o que lle parece interesante por se lle sirve para as súas historias. Rubicundo gustoulle porque é sonoro e, ademáis, cando se acurta soa incluso doce, Rubí.
Contoulles que empezou cedo a inventar poemas e historias, incluso antes de aprender a escribir, con catro ou cinco anos.
Un ano máis quedamos encantados de recibir con moito agarimo a María e queremos que siga escribindo sempre para poder disfrutar da literatura con ela.






O xoves 22, achegouse An Alfaya para facer a animación lectora sobre o seu título "O fío vermello" dirixida aos nenos e nenas de 5º de Ed Primaria. Foron eles e elas os que fixeron a crónica da visita:

"Encauntoume a visita de An Alfaya. Contounos moitas historias que lle sucederon. A primeira cousa que nos dixo foi que a súa palabra máxica para escribir era imaxinación. Tamén nos contou que de pequena era moi tímida, e as tarefas que lle poñía a mestra as remataba antes que todos. E nese tempo que tiña libre escribía pola parte de atrás da libreta poemas. Ata que un día a mestra pillouna e botoulle unha bronca enorme, ata chamaron a os seus pais. 
Díxonos que un día a súa veciña que calcetaba, olvidouse o fío na mesa da súa cociña. An estaba cociñando e facendo as tarefas da casa e se lle enganchou o fío no reloxo e non se enterou. Foi por toda a casa co fío na man ata que se decatou do que tiña enganchado, e así inspirouse para facer o libro "O fío vermello". E finalmente dixo que tiña un pouco de relación con Elisabeta (un personaxe do libro) porque de pequena gustábanlle moito as ciencias".
                                                                                                   Naiala Camisón Araújo 5ºA


Hoxe xoves, 22 de marzo de 2018, veu An Alfaya a escritora do libro  O fío vermello". Ela explicounos a min e á miña clase, a á outra, cando empezou a escribir, en que se inspirou, cantos premios gañou, de onde son os nomes dos libros,.. cousas dese tipo.
A charla que nos deu An pareceume moi interesante polo que dixo e ademais como se expresaba ao falar.
Por último, firmounos o libro cunha fraseciña, a min: "Para Ayelén, un bico agarimoso de An".
                                                                                 Ayelén 5ºA
"Ola. Eu son Raúl e vou falar do que nos dixo a escritora An Alfaya. Falounos de moitas cousas, por exemplo, de como se inspirou para escribir os libros e de como creou os personaxes. Tamén que tardou de tres a catro meses en escribilo e da forma en que se lle ocorreu. Ela, un día chega á cas e atopou uha pelota de lá na cociña e enganchouselle nunha pulsera que levaba no pulso. Non se dou de conta ata que mira para atrás e ten un fío enganchado e, case ao mesmo instante, ocorreuselle a historia. No seu ordenador ten moitas historias sen piblicar que pouco a pouco vai completando.
O libro que limos gustoume moito e a escritora tamén."
                                            Raúl Iglesias López 5ºA

"Hoxe, xoves 22 de mrzo. viu An Alfaya ao noso colexio para falarnos  do seu libro "O fío vermello". Trouxo unha acompañante moi especial: unha tartaruga.
Falounos das situacións e ideas nas que se inspirou para escribir o seu libro...
...Cando nos mostrou a tartaruga Parda  unha compañeira preguntoulle se era a súa mascota e contesoulle que sí. A todos nos encantou Parda.
Eu pregunteille cantos premiso gañara e contestou que bastantes. Pero dixo que non escribe para os premios senón por diversión. Xa de pequena escribía poemas detrás das súas libretas".
                                                                                       Alán Fernández 5ºA


Os nenos e nenas agasallárona cos seus traballos, entre eles un precioso libro xigante con reflexións, resumos e posibles finais para "O fío vermello". Ela recibiuno con moito agarimo e dixo que se levaba moi bo recordo desta visita.

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
                                             MES DA POESÍA

Marzo é o mes no que promocionamos a poesía para traballar nas aulas. Para isto fixemos unha exposición de libros á entrada da biblioteca agrupados por temáticas para facilitar a elección aos usuarios.

Ademais estivemos a preparar o poema "A Margarita Debayle" de Rubén Darío. O xoves e o venres María Pérez e Zulema de 5º de Ed Primaria, declamarona polas aulas; mentres que Xaido, María Domínguez e Estela, tamén de quinto,  moveron os monicreques para escenificar o argumento.


                                                                                               

miércoles, 14 de marzo de 2018

ANA ALONSO NA BIBLIOTECA



"Unha biblioteca con camas", así nos contou a escritora Ana Alonso que lle chamaba unha amiga da infancia á súa casa porque estaba chea de libros. Con esta anécdota, comenzou a animación lectora  para os rapaces e rapazas de sexto curso de Ed Primaria. Antes xa o fixera para os de segundo.
Convidou a todos e todas a facer da lectura un hábito,  xa que nos permite adentrarnos en nós mesmos e, deste modo, a nosa mirada non se limita só ao exterior. Trátase dun exercicio de introspección que permitirá mellorar aquilo que non nos gusta. Cando lemos estamos desenrolando empatía, unha habilidade social que nos posibilita xestionar a nosa vida de forma positiva. Dixo, no mesmo senso, que hai estudos sobre todo isto. Na Universidade de Stanford (EEUU), despois dunha investigación, chegaron á conclusión de que a xente que le ten unha vida mellor.
Por outra banda, Ana Alonso explicou que para disfrutar da lectura é necesario dispoñer de certa técnica, porque hai que procesar a información a medida que se vai lendo. Compara a lectura coa práctica de certos deportes como a natación.


Lembrou como comenzou a su andaina como escritora na revista escolar en 5º de Primaria. Ao ano seguinte, logo de desaparecer a revista da clase, siguiu escribindo porque lle servía de desafogo; sen embargo, a partires dos 13 anos empezou a esconder os escritos por vergoña a expresar os seus sentimentos. 
Unha vez xa na universidade, onde estudiou bioloxía, presentouse a un concurso de poesía con un psedónimo "Rapunzel", sobrenome que non foi elexido ao chou, se non para expresar como se sentía naquel momento fronte á literatura, soa, con medos e inseguridades. Pero antes de someter os  seus poemas ao criterio dun tribunal, llos dou a ler ao seu pai, que foi quen de animala.
Premiarona, con 19 anos, e así ata oito premios máis.
No mundo das letras e a literatura coñeceu ao que é hoxe a súa parella e coautor de moitos títulos, Javier Pelegrín, como é o caso da saga "La llave del tiempo".
Grazas a esta colaboración entre a parella de escritores, Ana Alonso puido deixar o seu traballo como profesora de CC Naturais en Secundaria, hai xa doce anos, para adicarse por enteiro á literatura. Foi a promotora da colección: Una pizca de sal da editorial Anaya.
  Cando se referiu ao título, obxecto da animación lectora, "Marea Negra", fixo unha mención especial ao ilustrador, Jordi Vila, ao que considera, non só un colaborador, se non,   un amigo. Contounos que as súas habilidades como artista lle veñen de familia. O seu pai fixo as vidrieiras do templo A Sagrada Familia de Barcelona; e o seu irmán foi ceramista nas paredes deste mesmo lugar. Ademáis o seu avó xa fora un pintor de certo renome. Dou  conta do meticuloso que resulta no seu traballo; pintou varias veces unha mesma rúa ata dar coa cor da luz de Muxía, localidade na que transcorre a historia.
No turno de preguntas por parte do alumnado, destacou que escribir este libro lle levou dous meses; que só ten un título para maiores e que o resto da súa obra é  literatura infantil e xuvenil. Engadiu que o desastre ecolóxico do "Prestige" lle impactara moito, e non só como bióloga; que viaxou moitas veces pola Península e polo  estranxeiro impartindo charlas. Pero, o que máis nos gustou como galegos e galegas que somos, foi oirlle decir que lle encanta a nosa terra, a nosa literatura, o noso idioma, os nosos poetas. Nomeou a obra de Manuel María como un referente.



Despois de firmar  exemplares, os alumnos e alumnas de 2ºB déronlle un agasallo; un debuxo asinado por todos e todas sobre a historia "La rueda mágica".


"Me encantó la visita de Ana Alonso porque entendí muy bien lo que nos explicó y me pareció estupendo que nos animara a leer y a escribir para cumplir nuestros sueños, igual que lo hizo ella. Me pareció una persona muy agradable".                                                         
                                                                                                                 Marina 6ºB




"Ayer vino Ana Alonso, una escritora. Nos contó la historia de por qué quería ser escritora. Yo me quedé pensando:"¡Que imaginación tiene esta mujer!" Y es que me animó a seguir escribiendo cuentos y poemas. Me encantaba la forma en la que explicaba cosas de modo infantil para que lo entendiéramos todos. Fue abrir la puerta de la biblioteca y emocionarme. Yo pensaba que con todos los cuentos y poemas que escribía le costaba muy poco pero no porque sin esfuerzo no se consigue NADA".                                                                                    
                                                                                                                  Aroa 2ºA






miércoles, 7 de marzo de 2018

GUÍA DE LECTURA. 8 DE MARZO, DÍA INTENACIONAL DA MULLER





Os membros da comunidade educativa do Pintor Laxeiro queremos educar e ser educados e educadas na IGUALDADE. Rexeitamos os roles de xénero. Desexamos e anhelamos unha sociedade igualitaria e paritaria. Estamos dispostos e dispostas a aportar o noso gran de area para que isto suceda.

Damos visibilidade ao 8 de marzo con carteis que lembran o día Internacional da Muller.

Reservamos un recuncho adicado a ELAS, as protagonistas moitas veces esquecidas, pero non por iso menos importantes.
Adicamos o noso tempo a coñecelas, a saber dos seus empeños, os seus esforzos e os seus logros. Fai uns días lembramos a Rosalía de Castro como pioneira das reivindicacións das mulleres na sociedade, e esta semana ampliamos o estudo,  a aquelas que loitaron por conseguir un soño.


8 DE MARZO DE 2018




sábado, 3 de marzo de 2018

MÓNICA RODRÍGUEZ VISITA A BIBLIOTECA

O pasado martes día 23, a escritora Mónica Rodríguez realizou unha das animacións lectoras de Itinerario Lector programadas para este curso, sobre o seu título"Misión Tornillo".
En 2003 publicou o seu primeiro libro, ao que seguiron moitos máis. Obtivo numerosos premios e recoñecementos , como o Premio da Crítica de Asturias, o Ala Delta, o premio Vila de Ibi, o White Ravens ou o premio Ler es Vivir. No ano 2012 quedou finalista do premio O Barco de Vapor con " Kerida Azubá"
O alumnado de 4º de Ed Primaria, a quen iba dirixida a animación, confeccionou un cartel de benvida informando do evento e traballos para decorar a Biblioteca.



Durante unha hora, a escritora soubo manter a atención e curiosidade dos rapaces e rapazas. Tras presentarse e facer un pequeno percorrido sobre a súa vida, respostou a todas as cuestións formuladas polo alumnado. Destacou que na súa nenez fora unha grande lectora  favorecida pola ampla biblioteca dos seus avós. Muller de ciencia, estudiou  físicas, aparcou  a súa profesión para adicarse de cheo á literatura no 2009.

Explicou como elaborou a historia "Misión Tornillo" coa colaboración da ilustradora do libro, Mónica Carretero. Partiu dos tornillos de Frankenstein, personaxe de Mary Shelley, obra que acosellou ler.  Incluíu na charla aspectos de educación en valores: referiuse ao monstruo creado polo doctor Frankenstein como un ser rexeitado polos demais por causa do seu aspecto físico, transformándose nun asasino. Rematou ese punto apelando á responsabilidade que se adquire cando se crea algo novo.
Os nenos e nenas escoitarona moi atentos.
Falou da orixe dos personaxes; primeiro de Candela, unha nena lista, intrépida, aventureira;  fronte a ela un personaxe antagónico, Malatrapa, desagradable, pouco atractivo e simplón.
Preguntaronlle sobre as calidades que debe ter un escritor ou escritora; destacou a curiosidade e a mirada de autor fronte ao mundo que lle rodea. Por iso para ter unha visión máis ampla hai que ler moito, eso dísolles.
Outra curiosidade foi sobre algúns termos que saen na historia.
Resultou unha charla animada,  e os rapaces e rapazas quedaron moi satisfeitos.

Antes de marchar tivo a amabilidade de firmar no noso libro de visitas.


Grazas Mónica Rodríguez!!!