sábado, 3 de marzo de 2018

MÓNICA RODRÍGUEZ VISITA A BIBLIOTECA

O pasado martes día 23, a escritora Mónica Rodríguez realizou unha das animacións lectoras de Itinerario Lector programadas para este curso, sobre o seu título"Misión Tornillo".
En 2003 publicou o seu primeiro libro, ao que seguiron moitos máis. Obtivo numerosos premios e recoñecementos , como o Premio da Crítica de Asturias, o Ala Delta, o premio Vila de Ibi, o White Ravens ou o premio Ler es Vivir. No ano 2012 quedou finalista do premio O Barco de Vapor con " Kerida Azubá"
O alumnado de 4º de Ed Primaria, a quen iba dirixida a animación, confeccionou un cartel de benvida informando do evento e traballos para decorar a Biblioteca.



Durante unha hora, a escritora soubo manter a atención e curiosidade dos rapaces e rapazas. Tras presentarse e facer un pequeno percorrido sobre a súa vida, respostou a todas as cuestións formuladas polo alumnado. Destacou que na súa nenez fora unha grande lectora  favorecida pola ampla biblioteca dos seus avós. Muller de ciencia, estudiou  físicas, aparcou  a súa profesión para adicarse de cheo á literatura no 2009.

Explicou como elaborou a historia "Misión Tornillo" coa colaboración da ilustradora do libro, Mónica Carretero. Partiu dos tornillos de Frankenstein, personaxe de Mary Shelley, obra que acosellou ler.  Incluíu na charla aspectos de educación en valores: referiuse ao monstruo creado polo doctor Frankenstein como un ser rexeitado polos demais por causa do seu aspecto físico, transformándose nun asasino. Rematou ese punto apelando á responsabilidade que se adquire cando se crea algo novo.
Os nenos e nenas escoitarona moi atentos.
Falou da orixe dos personaxes; primeiro de Candela, unha nena lista, intrépida, aventureira;  fronte a ela un personaxe antagónico, Malatrapa, desagradable, pouco atractivo e simplón.
Preguntaronlle sobre as calidades que debe ter un escritor ou escritora; destacou a curiosidade e a mirada de autor fronte ao mundo que lle rodea. Por iso para ter unha visión máis ampla hai que ler moito, eso dísolles.
Outra curiosidade foi sobre algúns termos que saen na historia.
Resultou unha charla animada,  e os rapaces e rapazas quedaron moi satisfeitos.

Antes de marchar tivo a amabilidade de firmar no noso libro de visitas.


Grazas Mónica Rodríguez!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario