lunes, 26 de enero de 2015

30 DE OUTUBRO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Como todos os anos, nestas datas achégase a conmemoración do Día Escolar Pola Paz e a non Violencia. Dende a Biblioteca programamos unha serie de actividades que se recollen na unidade didáctica que vos presentamos e que poñemos a disposición de todo o profesorado do centro.

A actividade central deste curso está relacionada coa gastronomía, pero a intención é ir un pouco máis aló do bo xantar. Titúlase "Receitas para comer en paz e en compañía" porque a alimentación e a paz son dereitos de toda a humanidade: "Temos dereito a vivir en paz" como cantaba o malogrado cantautor Víctor Jara (asasinado en Chile en 1973).

A través da gastronomía trataremos de educar ao noso alumnado na.
NON VIOLENCIA
NO RESPECTO
NA TOLERANCIA
NA DIVERSIDADE
NA MULTICULTURALIDADE
NO ESFORZO
NO TRABALLO 
NA SUPERACIÓN...
Ao final, confeccionaremos o noso libro de receitas para comer en paz e en compañía.

Tamén puxemos á disposición de todo o profesorado e alumnado unha serie de libros relacionados con estes temas. Todos eles conforman unha exposición na entrada principal da biblioteca, o profesorado escolle aqueles  que considere oportuno para desenvolver a unidade didáctica reflectida.
Todo isto complétase con outras actividades que imos desenvolver ao longo desta semana en colaboración con outros equipos de coordinación docente. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario