domingo, 26 de marzo de 2017

LEDICIA COSTAS CO ALUMNADO DE 5º CURSO DE PRIMARIA

Un curso máis con Ledicia Costas. E outro día fantástico que puideron gozar os alumnos/as de 5º curso de primaria que escolleron como lectura do segundo trimestre ( dentro dos Itinerarios lectores) o seu libro "Esmeraldina, a pequena defunta"




"Esmeraldina, a pequena defunta"
Edicións Xerais (Col. Merlin)

"O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta".



No hay comentarios:

Publicar un comentario