domingo, 5 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACINAL DA DISCAPACIDADE

O pasado venres, 3 de decembro conmemoruose o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso colexio intentamos transmitir a sensibilidade cara este tema ao longo de todo o curso, e de xeito máis específico nestes días. Dende o equipo de Convivencia tivemos a oportunidade de visionar curtas e vídeos que deron pé a debates nas nosas aulas.

Cooperamos como ven sendo habitual nestes últimos anos con APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) en composicións artísticas e decorando nesta ocasión, paraugas coas cores do artista Laxeiro (xa que este curso o noso PDI trata sobre a arte e centrándonos no artista que da nome ao centro escolar). Estes paraugas foron pintados pola man non dominante para poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade. Estes traballos foron expostos no colexio.






 

 

 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario