domingo, 19 de octubre de 2014

O ALUMNADO 2º DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA


O alumnado de 2º de primaria tamén visita a biblioteca: é preciso recordar as normas e ver as novidades deste curso.

Coñecen o conto “O duende que non tiña nome”, a historia da nosa mascota Gromiño e de cando este trasniño decidiu quedarse con nós. Pero como todo trasno, desaparece todos os cursos uns días, polo que os nenos/as xogaron a buscalo. 


A Gromiño, todos os cursos ocórreselle esconderse nos recunchos máis incribles!

Nenos/as de educación infantil buscando a Gromiño

Logo gozaron coa lectura dos libros da exposición “Edicións Laxeiro” .





Tamén contarvos que convocamos un concurso de debuxo para celebrar O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES o próximo venres, 24 de outubro.

Co lema “Biblioteca de Laxeiro” os nenos/as deseñan o debuxo da nosa biblioteca. Con todos os debuxos presentados faremos unha exposición e, nunha votación democrática, o alumnado elixirá o gañador.

Este recibirá un doce agasallo e tamén poderá degustalo, a aula á que pertenza o gañador/a. 

DOCE AGASALLO? 

HAI QUE PARTICIPAR E TER PACIENCIA!






Nas fotografías podedes ver como as profesoras dos respectivos niveis, Eugenia González e Teresa Prieto, explican as normas e axudan aos nenos/as a observar de forma detida os espazos da biblioteca.

Logo...A PINTAR E COLOREAR!












No hay comentarios:

Publicar un comentario