COMEZAMOS UN NOVO CURSO
2014-2015
Este curso imos desenvolver un novo
Proxecto Documental: "Un Laxeiro de cine". A biblioteca programou
para este curso a súa actividade principal centrada no cine.
Equipos docentes, profesorado, alumnado,
pais/nais e contando tamén con varias e diversas colaboracións xuntarán os seus
esforzos para acadar con éxito - coma en cursos anteriores - os
obxectivos que nos propoñemos. Cremos que o cine é un excelente
obxecto de coñecemento e de aprendizaxe de valores universais.
Solidariedade, tolerancia, autonomía persoal, igualdade de oportunidades
entre os sexos, interculturalidade, xustiza...son temas que podemos
traballar co noso alumnado a través da linguaxe cinematográfica.
UNHA BOA MANEIRA DE COMEZAR
EXPOSICIÓN DOS NOSOS LIBROS
"EDICIÓNS LAXEIRO·
Xa comezamos coas exposicións na
Biblioteca. Mentres recollemos material para traballar sobre o lema proposto
dende Bibliotecas Escolare "Biblioteca escolar...matemático”, o equipo de biblioteca pensou que era moi interesante dar a
coñecer ao noso alumnado a colección de libros confeccionados polo alumnado actual e polos compañeiros/as que xa están no instituto. Por este motivo, titulamos a colección: “Edicións
Laxeiro”.
Os primeiros visitantes foron os
nenos/as de 6º A de Educación
Infantil. Podemos ver na imaxe que vén a continuación o atentos que estaban ás
explicacións da mestra Isabel García.
Por outra parte,
estamos a preparar as Mochilas Viaxeiras. Este curso recuperamos a
entrega de dúas por aula para que a permanencía destas lecturas e dvd, nas vosas casas
sexa do maior tempo posible.
EN BREVE AS TEREDES NAS VOSAS CASAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario