domingo, 14 de diciembre de 2014

CONTINUAMOS COAS ACTIVIDADES:
BIBLIOTECA ... MATEMÁTICO!
Seguimos con paixón fomentando o gusto polas matemáticas no seu contexto literario e neste mes de decembro demos un paso máis: montamos unha exposición.
Esta a compoñen libros sacados dos fondos da nosa biblioteca, libros que acabamos de mercar, e unha grande variedade de xogos matemáticos. Ao mesmo tempo confeccionamos un mural no que están representados diversos matemáticos/as e divulgadores desta ciencia con citas propias e coas visións diversas da materia.
Completamos a exposición con cubertas de películas nas que as matemáticas está reflectidas nos seus argumentos.




CHARLA " VIVE AS MATEMÁTICAS"

O venres, 12 de decembro, invitamos ao Dr. Felipe Gago, profesor de Álxebra na USC (Universidade de Santiago de Compostela) e coordinador da olimpíada matemática en España e da Olimpíada Iberoamericana de Matemática Unirvesitaria.

A charla, amena e moi enriquecedora, levou o título de “Vive as matemáticas” . o doutor, fixo un rápido e sinxelo percorrido pola historia dos números e continuou con demostracións matemáticas para facer ver aos nenos/as como o coñecemento e a información é a mellor ferramenta para que ninguén poda manipularnos. Recalcou que a información fannos libres, libres para pensar e libres para elixir: o coñecemento das matemáticas é importantísimo para evitar a estafa e o engano.



Ao remate da charla deu comezo un turno de preguntas no que o profesor satisfixo a curiosidade dos nosos alumnos/as.



Toda estas actividades que amosamos danos un gran pulo para continuar coa nosa tarefa de fomentar o gusto pola lectura, o estudo da ciencia e tamén inculcar na idea de que o mundo está interrerelacionado:

MATEMÁTICAS E LITERATURA ESTÁN CONECTADAS!!
Seguiremos investigando con que outros saberes están contactadas as matemáticas!




Para agradecer á súa amable e desinterasada presenza, agasallámolo cunha figuriña de cerámica de Sargadelos: o faro das nosas Illas Cíes para que lle siga guiando na súa labor profesional como estudoso e divulgador activo das ciencias matemáticas.

Soamente decirlle ao profesor Gago que captamos a súa mensaxe.
GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario