viernes, 20 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA



Xa nos puxemos en marcha para lembrar o Día das Bibliotecas. Como estaba programado (ver díptico de actividades na entrada anterior deste blog), os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º debuxaron as portadas de títulos favoritos que recomendan ler. Con todas elas estamos a confeccionar un mural e o resultado vén sendo este:




Tamén colocamos fondos con temática de biblioteca nun expositor habilitado para lembrar a data do 24 de outubro.




Por outra parte, os nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro e Segundo de Ed. Primaria, poderán disfrutar, o vindeiro martes, dun novo episodio da vida da nosa mascota Gromiño relacionado cunha viaxe pola cidade de Vigo; contado e ilustrado por un membro do Equipo de Biblioteca. Cando teñamos as imaxes, publicaremolas. Nas clases, a semana do 24, na Hora de ler, estamos a facer lecturas colectivas cos libros da exposición con motivo do Día da Biblioteca.



                                     


                                            

E chegou o martes 24. Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria disfrutaron dunha sesión de conta-contos a cargo dos membros do Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo dasTics, que deron lle formato dixital.




Os maiores tamén disfrutaron dunha divertida xornada buscando nun mapa rueiro de Vigo as bibliotecas públicas da cidade.


                           


 Ademais moitos alumnos e alumnas localizaron con moita ledicia as súas portadas no mural:                                          "Recoméndoche ler".




No hay comentarios:

Publicar un comentario