lunes, 8 de julio de 2013

PREMIOS, PREMIOS E MÁIS PREMIOS!!!



" O ministerio de Cultura ven de outorgar ao libro Ocultos, editado por Factoría K editora, o terceiro premio como Libro Mellor Editado no 2012 na categoría de Obras xerais e de divulgación.
Estes premios non teñen dotación económica pero son moi valorados polos editores polo que supóns de recoñecemento e prestixio ao seu traballo editorial, así como pola difusión que supón, ao ser incluídos nas accións de promoción do libro e expostos nas principais feiras do sector.

Ocultos, de Xulio Gutiérrez e ilustrado por Nicolás Fernández, é o cuarto título de "Animais extraordinarios", unha colección que pretende achegar, mediante textos asumibles para todas as idades e ilustracións artísticas de gran realismo, o espectáculo que nos ofrece a natureza. 
Outros títulos desta colección son: Bocas, Nacer e Construtores.
Libros informativos... ¡tan necesarios nas nosas bibliotecas!
Vía Fervenzas literarias, literatura galega na web." 






"A versión en castelán do álbum ilustrado Jack e a Morte, de Tim Bowley con ilustracións de Natalie Pudalov e editado pola pontevedresa OQO editora, recibiu unha Mención Honorífica nos premios "Los mejores libros para niños y jóvenes 2013", que outorga o Banco del Libro de Venezuela. Trátase dunha prestixiosa institución venezolana, sen fins de lucro, que investiga, experimenta, innova e divulga accións dirixidas a nenos e mozos para a súa formación como lectores. 
Jack e a Morte é unha versión dun conto tradicional británico A morte atrapada nunha noz. Este álbum ofrece una reflexión necesaria, para o público infantil, sobre a morte, sen dramatismos e como algo natural e inherente á condición humana. 
Os premios "Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes" foron creados como un recoñecemento á calidade e variedade no mercado editorial das publicacións en castelán. OQO recunca de novo nestes premios xa que, no 2011, o Banco del Libro distinguiu a Caixa de cartón (Txabi Arnal e Hassan Amekan) como un dos mellores libros para nenos publicados en Hispanoamérica".

domingo, 7 de julio de 2013

UNHA MAGNÍFICA IDEA

A Biblioteca Pública de Seatle promociona a lectura con esta magnífica idea. 
2131 libros caendo con efecto dominó.
27 voluntarios fixeron esta orixinal creación despois de tres horas de traballo e cinco intentos.
Gozade do vídeo e sobre todo dunha boa lectura este verán!.


"Los libros utilizados para hacer esta cadena de dominó fueron donados o bien están fuera de fecha y ya no están en la colección de la biblioteca. Ahora están siendo vendidos por los Amigos de la Biblioteca Pública de Seattle para ayudar a recaudar fondos para los programas y servicios de la biblioteca. No hay libros fueron dañados durante la filmación de un video. Filmado por Playfish medios: http://www.playfishmedia.com"


sábado, 29 de junio de 2013

BOLETÍN DA BIBLIOTECA
Publicación do Boletín de Biblioteca do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro. 
Aquí podedes ver un resumo das actividades organizadas pola biblioteca e que desenvolvimos durante este curso escolar. 
Felicidades a todos/as. 
Felices e merecidas vacacións!


jueves, 30 de mayo de 2013

UN MAGNÍFICO VÍDEO EN DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA
"NO RECORTES NO"
Interpretada por nenos e nenas de primaria del CEIP Vicente Ferrer Ramos de Valderrobres (Teruel).
 Este vídeo é a canción que pecha o corto "Un corto recortado"