lunes, 1 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2013
2 DE ABRIL
Mañá martes, 2 de abril,celebramos a primeira data importante relacionada cos libros e a lectura. Ao longo deste mes o Equipo de Biblioteca propón diversas actividades relacionadas co tema.
Recordamos a todos/as dende cando se celebra esta data e as razóns que a xustifican.

"Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais". 
Fonte: http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php



MENSAXE DE PAT MORA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
        e nenos que atrapan as estrelas.

         Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
      percorrendo o mundo coa alegría dos libros.

                                                      
Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco

O cartel deste ano é do ilustrador afroamericano Ashley Bryan, escollido polo YBBY para destacar outras culturas que coexisten nos Estados Unidos de América, xunto coa descendente de latinos Pat Mora.

ADHESIÓNS Á CELEBRACIÓN DESTA DATA

Bibliotecas, librarías e outras entidades que celebran habitualmente esta data mediante a organización de exposicións, encontros con autores/as e ilustradores/as, presentacións de libros, sesións de libro-fórum e actividades de animación á lectura.
Desde o catro Seccións da OEPLI e por quinto ano consecutivo solicitouse, principalmente ás librarías e bibliotecas, un esforzo cultural engadido para superar as celebracións realizadas en anos anteriores coa preparación de actos ao redor de Andersen, lecturas continuadas dos seus contos ou dramatizacións das súas obras.
Fonte: http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php









domingo, 24 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO
NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O Equipo de Biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores, elaborou esta magnífica recompilación de recursos (poemas, biografías...) que comparte con todos nós.

viernes, 22 de febrero de 2013

“TODAS CON ROSALÍA”
Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, chega este vídeo no que escritoras galegas unidas e organizadas a través das redes sociais, colaboraron na súa gravación.

“Mulleres falando de mulleres, e ao
tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este
vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da
grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente”. 

Montaxe e Edición: Raquel Rei.

Participan: Mónica Caamaño, María do Cebreiro,
María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia
Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa
Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura
Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou
Comba Campoy.