viernes, 26 de febrero de 2021

ENTROIDO

Neste ano tan peculiar e atípico non quixemos perder a ledicia e sorriso que teñen os nosos rapaces e rapazas no Entroido.




Fixemos un fotomontaxe para que os nenos e nenas poideran sacarse unha foto nel.
O noso Meco foi o coronavirus que decidimos perdoar e non queimar.


A semana do Entroido pedimos a colaboración das familias para que o luns, martes e mércores viñeran vestidos con roupa dunha cor determinada, vermello, azul e verde.




viernes, 5 de febrero de 2021

ITINERARIO LECTOR

 Igual que en anos anteriores propuxemos un itinerario lector que consiste en que os rapaces e rapazas de cada curso lean nas ualas un libro en galego e outro en castelán.

Neste curso foron os seguintes:



viernes, 29 de enero de 2021

PAZ

 O venres 29 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no colexio.  

Coma nestes últimos anos, cantamos e bailamos unha canción que reflectía os valores que traballamos todo o equipo docente co noso alumnado. Nesta ocasión escollimos a canción de Chayanne "Madre Tierra".


 Tamén, en colaboración co profe Pablo de arts e coa nosa auxiliar de conversa Michelle, os rapaces e rapazas fixeron unhas pombas da Paz coas que decoramos as paredes e fiestras do edificio.

 E por último dende a proposta do equipo de dinamización lingüística do galego, todo o alumnado colaborou no traballo e profundización de plabras que fomentaban os valores da Paz, nas que atopamos, tolerancia respecto, igualdade...




 

 


 

sábado, 19 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Nesta semana queremos compartir as recomedacións lectoras que dende o equipo de biblioteca facemos anualmente.


Agardamos gocedes da lecturas que amosamos a continuación: