jueves, 6 de marzo de 2014

XV SOLÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 
DE PONTEVEDRA 2014

DENDE O 14 DE MARZO AO 5 DE ABRIL

COCIÑANDO CONTOS



"A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.

"Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós,  que do 14 de marzo ao  5 de abril estades convidados a  degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis".
Fonte: http://www.salondolibro.org/


NA SEGUINTE  PÁXINA ATOPAREDES UNHA BIBLIOGRAFÍA  MOI INTERESANTE 

Fonte: http://www.salondolibro.org/material-centros-escolares





No hay comentarios:

Publicar un comentario