viernes, 22 de enero de 2016

"BUSCAR, ELABORAR, COMPARTIR"

     

O Proxecto Documental deste curso escolar 2015-2016 está relacionado coa busca de información, aspecto educativo imprescindible para que o noso alumnado desenvolva habilidades, coñecementos e actitudes relacionadas coa mesma; en distintos tipos de textos e en diferentes soportes e formatos. Con este motivo, o Equipo de Biblioteca  propón a actividade “CONTAMOS TODOS/AS”. 
             Cada mes e durante este curso escolar, se seleccionarán unha serie de preguntas relacionadas con distintas temáticas, disciplinas e áreas: historia, matemáticas, ciencias sociais e naturais, acontecementos, curiosidades... Estas propostas estarán visibles nas entradas de Ed Infantil e da biblioteca. Os/as que queiran participar na resolución destas preguntas poderán coller as papeletas deseñadas polo equipo de biblioteca, cubrilas e depositalas no buzón. Antes de rematar  o curso premiaremos ao alumnado  máis colaborador

 COMO SE PODE PARTICIPAR? 
  • Contestando ás distintas cuestións. 
  • Elaborando propostas.
  • As familias tamén poden participar para impartir charlas aos nenos/as sobre distintos temas: traballo, profesións, afeccións, viaxes, deportes, experiencias...

 SOBRE QUE TEMAS ELABORAMOS AS PROPOSTAS?

  • Acontecementos históricos, literarios, científicos... de cada mes. 
  • Que sabes sobre ti? (saúde, alimentación...)
  • Que raro é isto!!! Curiosidades do mundo animal, vexetal e do espazo
  • As grandes metidas de pata da historia e de algo máis!
  •  “Penso...logo existo”. Matemáticas, lóxica, xogos...

XA ESTÁN EXPOSTAS AS PROPOSTAS  DE XANEIRO!!! PARTICIPA!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario