viernes, 1 de abril de 2016

XELÍS DE TORO NA "BIBLIOPINTORLAXEIRO"



        Hoxe venres, 1 de abril, recibimos ao escritor e músico afeccionado, Xelís de Toro na biblioteca. Os nenos e nenas de Terceiro de Ed Primaria escoitaron con entusiasmo a animación lectora da súa obra: "O trompetista e a lúa", título escollido como itinerario lector en lingua galega para este curso.
 Comenzou atraendo a atención do público invitando a escoitar os sons do ambiente; foi nese momento cando se fixo un silencio na sala e se puido escoitar o ruído dos coches que circulaban pola rúa. Ese son tan cotiá foi capaz de enganchar ao alumnado e, dende ese intre, mergullounos na historia. Repasou o relato,  e ataviado cunha trompeta,  fixo as delicias de todos e todas.

    Cando rematou a exposición,  permitiu unha ronda de preguntas. Estela preguntoulle si o protagonista da historia  era real ou ficticio. Xelís respondeu que tiña  recordos de neno,  en Santiago de Compostela,  dun xeadeiro que tocaba a trompeta na Praza da Quintana , pero que cando o comenta cos seus amigos, estes non lembran ao devandito xeadeiro-trompetista...
      Lembrou a todos os nenos e as nenas con moito agarimo, que a música se atopa nos latexos do corazón.


   
        Antes de se marchar, moi gustosamente,  asinou todos e cada un dos exemplares do alumnado. Tamén tivo tempo de observar e agradecer os debuxos que fixeron os lectores e lectoras sobre a súa historia.






A continuación, unha montaxe fotográfica de todo o que deu de si esta agradable visita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario