domingo, 30 de octubre de 2016

24 De OUTUBRODÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


O 24 de outubro, como cada ano dende o 1997 promovido por La Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Elixiuse esta data para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante o conflito dos Balcáns. A intención é trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e convivencia humana.

Queremos comezar, igual que en anos precedentes, coa presentación do cartel que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou a principios do mes de outubro, para celebrar este día tan especial para nós. 

Este curso o lema escollido foi “ Biblioteca escolar – Territorio das Artes”. E así explica a súa visión do lema deste día,Minia Rego, a ilustradora seleccionada este ano para conmemorar este día: “O resultado é esta ilustración, coa que quero convidar aos nenos a que xoguen a buscar as diferentes artes que conforman a paisaxe. Por iso, as protagonistas son nenas lectoras e armadas debuxantes que se lanzan á aventura da imaxinación”. Minia Rego

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)”.

Este lema pareceunos moi axeitado para desenvolver o noso PDI (Proxecto Documental Integrado) anual, polo que entre todo o Claustro de profesores lle puxemos como título: 

“Arte-llando no Laxeiro”

Parte das actividades que imos desenvolver ao longo do curso 2016-2017 estarán enfocadas dende a perspectiva da arte no máis sentido amplo da palabra. Todos os equipos docentes traballaremos de forma coordinada para que,como diciamos a biblioteca sexa ese lugar de encontro para gozar da lectura, onde atopar a información que precisamos ademais dun lugar para o encontro coa cultura.


ACTIVIDADES 

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Que mellor que comezar a repartir as Mochilas Viaxeiras ás respectivas aulas, para que as familias compartan nas súas casas momentos de lectura: libros, revistas, Dvd, "O Conto de Gromiño" e un caderno para que cada familia escriba, debuxe, aporte ideas ...e entre todos fagamos desta actividade un medio para comunicarnos.

Como en anos anteriores o alumando de 6º curso  foi o encargado de levalas ás respectivas aulas. 






FORMACIÓN DE USUARIOS E ANIMACIÓNS LECTORAS 

A Biblioteca de Gromiño tamén celebrou este día, e o equipo de biblioteca considerou que había que comezar e centrarnos en dous tipos de actividades:




  • A formación de usuarios, co obxectivo de introducir ao alumando de infantil e primaria no coñecemento da nosa biblioteca, coñecer e chegar a dominar o espazo, as súas áreas e seccións e as zonas correspondentes segundo as idades e/ou contidos.                                                       O equipo de biblioteca encargouse de levar aos nenos/as á biblioteca para escoitar e ver en modo presentación ”O Conto de Gromiño” e como a través da súa historia podemos saber como funciona a biblioteca, cales son as súas normas, como estar nela e que podemos facer. Todas as actividades relacionadas coa Formación de Usuarios levarémolas a cabo ao longo de todo o curso escolar, sendo neste primeiro trimestre o eixo das actividades.  





  • A animación lectora, con varias propostas enfocadas a educación infantil e a educación primaria. O obxectivo principal é fomentar a lectura individual e compartida favorecendo o encontro entre compañeiros/as, o desenvolvemento da capacidade de escoitar, a ampliación de lecturas en canto a temas, autores ...










No hay comentarios:

Publicar un comentario