lunes, 1 de mayo de 2017

UN MES CHEO DE LIBROS

"Cinco enfados".
Editorial: Anaya
Carlos ten cinco motivos para estar enfadado: o seu pai non quere mercarlle un xeado, a súa nai non pode xogar con el porque ten moito traballo, a súa irmá lle rompe o seu tractor favorito, mándao moi cedo para a cama ...e, ademais, está enfadado porque si. Se lle ocorre abrir as páxinas da guía de teléfonos para buscar unha bruxa que embruxe a todos... 


Unha fantástica e divertida historia chea de humor que fala sobre as relacións humanas e que nos fai reflexionar sobre a convivencia, a tolerancia, a amizade, o amor, a xustiza ...

As nais integrantes do Club de Lectura da ANPA dramatizaron este estupendo libro cunha posta en escea espectacular.

GRAZAS A Mª JESÚS E A BEGOÑA POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO!








"Bailar nas nubes"
Editorial Kalandraka

"A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente. Dende o punto de vista artístico".
Fonte: Kalandraka editora


Seguindo a programación do mes do libro, a profesora Paula R.  realizou este fermoso contacontos para o alumnado de primeiro curso de primaria.





GRAZAS PAULA POR ESTE MAGNÍFICO TRABALLO!!

"ALMA Y LA ISLA"

Ilustradora: Ester García.
Editorial: Anaya
XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y  Juvenil, 2016 White Ravens 2016


"Alma ha llegado del mar. Otto no entiende su idioma y, desde que está en su casa y le ha tenido que dejar su habitación, se siente desplazado. La atención de sus padres, su abuela y hermanos ahora se dirige a Alma. Y a Otto, el pequeño de la familia, esto no le hace mucha gracia. 
A pesar de todo, la comunicación entre ambos irá más allá de las palabras y la amistad trascenderá la posible distancia que aparece en un primer momento.
Gracias a la presencia de un amuleto, Otto entenderá mejor el origen de Almaz Sebhat, el verdadero nombre de la niña que vino del mar"
.
Fonte: Anaya

Mónica Rodríguez co alumnado de 5º curso de primaria falando do seu libro "Alma y la isla", nunha xornada  chea de boas sensacións. O alumando deste nivel puido coñecer un pouco máis a esta magnífica escritora e ter unha charla moi participativa entre todos os asistentes.





MOITAS GRAZAS MÓNICA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario