domingo, 25 de junio de 2017

FIN DE CURSO EMOCIONANTE

O venres 23 de xuño, foi o último día de curso escolar e como todos os anos o centro o celebra con diversos actos: teatro, cancións, bailes... e ademais a  biblioteca entrega os premios aos alumnos/as máis lectores do 2016-2017: María e Marcos, Andrés e o outro Andrés, África e Diego foron os gañadores e merecedores dos agasallos. 

Un entrañable día para estes nenos/as de infantil e primaria, que como podedes ver nas fotografías estaban felices cos seus paquetiños cargados sobre todo de boas lecturas, ademais dalgún agasallo práctico como unha fermosa mochila para a mellor lectora do colexio. 







NORABOA E FELICES VACACIÓNS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario