lunes, 18 de noviembre de 2019

CONVIVENCIA EEI LOS ROBLES E O LAXEIRO

Unha das actividades que comezamos a facer o curso pasado e que desexamos que se repita por moitos anos é a que ten que ver coa EEI Los Robles
O curso pasado fixemos unha a mediados de febreiro para que o alumnado de 2-3 anos da súa escola puidera coñecer o seu futuro colexio, profes e compañeiros, xa que, é unha escola que está xusto na beirarrúa que temos diante do noso colexio.
Neste curso comezamos facendo unha no primerio trimestre. Consistiu na visita dos pequenos e pequenas de 2-3 aniños. Ese día representamos a obra de coelliño branco (interpretada polo alumando de 6ºB) e dous bailes.
Quedamos todos encantados de que estes pequerrechos viñeran ao colexio e atoparan nalgúns casos aos seus irmáns.








No hay comentarios:

Publicar un comentario