jueves, 24 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

CO LEMA: CON LAXEIRO E ROSALÍA UN XARDÍN DE POESÍA, pretendimos traballar a figura de Rosalía de Castro xunto co artista Laxeiro, xa que os dous faleceron a mesma data, o 23 de febreiro.

No tempo de lectura desa semana leron poemas da autora dos libros que os mestres puideron coller da exposición que fixemos na entrada da biblioteca.

Ademais elaboramos un mural para recoñecer o seu traballo no que os rapaces pintaron pensamentos arredor da súa cara. O pensamento era unha flor que lle gustaba moito a Rosalía de Castro.

Por último, por niveis plantáronse pensamentos no xardín do colexio, como un recoñecemento máis a esta gran autora. 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario