miércoles, 25 de febrero de 2015

                                              RECEITAS PARA LER E COMPARTIR
Esta é unha mostra das receitas elaboradas polos cursos de infantil e primaria con motivo da celebración o 30 de xaneiro do Día Escolar pola paz e a non violencia.

UN MARABILLOSO TRABALLO!


miércoles, 11 de febrero de 2015

SABELA GAGO
UNHA MAGNÍFICA CONTADORA!!
O pasado día 3 de febreiro as aulas de2º curso de educación primaria recibiron a visita da pedagoga, profesora e fundadora de Sarabela Teatro,  Sabela Gago.

Fixo as delicias dos nenos e nenas implicándoos na historia dunhas galiñas moi presumidas e na dun camaleón no medio da selva.

Un contacontos moi divertido e moi creativo!!! 


Na presentación podedes ver as fotos e tres traballos de alumnos/as 
de 2º B.



lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Alumnado e profesorado celebramos este gran día no patio do colexio  cantando a canción de Xuxa "Nuestro canto de paz" e ondeando as bandeirolas que decoramos entre todos.

Cartel confeccionado con "canva": https://www.canva.com/

lunes, 26 de enero de 2015

30 DE OUTUBRO
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Como todos os anos, nestas datas achégase a conmemoración do Día Escolar Pola Paz e a non Violencia. Dende a Biblioteca programamos unha serie de actividades que se recollen na unidade didáctica que vos presentamos e que poñemos a disposición de todo o profesorado do centro.

A actividade central deste curso está relacionada coa gastronomía, pero a intención é ir un pouco máis aló do bo xantar. Titúlase "Receitas para comer en paz e en compañía" porque a alimentación e a paz son dereitos de toda a humanidade: "Temos dereito a vivir en paz" como cantaba o malogrado cantautor Víctor Jara (asasinado en Chile en 1973).

A través da gastronomía trataremos de educar ao noso alumnado na.
NON VIOLENCIA
NO RESPECTO
NA TOLERANCIA
NA DIVERSIDADE
NA MULTICULTURALIDADE
NO ESFORZO
NO TRABALLO 
NA SUPERACIÓN...
Ao final, confeccionaremos o noso libro de receitas para comer en paz e en compañía.

Tamén puxemos á disposición de todo o profesorado e alumnado unha serie de libros relacionados con estes temas. Todos eles conforman unha exposición na entrada principal da biblioteca, o profesorado escolle aqueles  que considere oportuno para desenvolver a unidade didáctica reflectida.
Todo isto complétase con outras actividades que imos desenvolver ao longo desta semana en colaboración con outros equipos de coordinación docente.