domingo, 14 de abril de 2019

Ledicia Costas visita a biblioteca


Ledicia Costas visitou a nosa biblioteca o 11 de abril, estivo acompañada polo alumando de 5º e 6º de Ed. Primaria, despois que estes leran “A señorita Bubble” en 5º e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” en 6º. O alumando puido facerlle preguntas a escritora sobre os títulos, e tamén lles falou sobre como se inspirou para crear algún dos personaxes, o moito que lle gustaba ler de pequena e algunha que outra anécdota que viviu durante a súa época como estudante
 


Daniela 5ºB: "Ledicia Costas a autora de “A señorita Bubble” púxonos un anaco da película “Matilda” no que aparecía a “señorita Transbull”, e contounos que foi nela que se inspirou para crear o personaxe da señorita “Bulldog”, a bibliotecaria do libro. Pareceume moi divertida".

Ainara 5ºA: "O libro ten detalles simpáticos como o personaxe de Paola que se parece a un caniche. 
A visita coa escritora fixome un pouco curta, anque puidemos facer preguntas sobre o libro"

Carlos 5ºB: " A escritora explicounos en que se inspirou para crear os personaxes, para a directora, “A Bulldog” fixouse na película de “Matilda” xa que tiña mal xenio e era tan mala como “A señorita Transbull”. Para a bibliotecaria “A caniche” acordouse dunha bibliotecaria que había no seu colexio cando era ela pequena, xa que non lle gustaban os nenos/as, nin o seu traballo. O final púxonos uns vídeos da película de Matilda. Anque se me fixo curta, a visita gustoume bastante".





No hay comentarios:

Publicar un comentario