martes, 9 de abril de 2019

Visita de Pedro Mañas


Pedro Mañas:  O 8 de abril visitounos Pedro, estiveron con él o alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria, xa que leron os seus libros: “Klaus Nowak, limpiador de alcantarillas” e “El apestoso tío Muffin”, respectivamente. O alumnado pasouno moi ben con él xa que lles contou moitas cousas da súa vida profesional e persoal, así como curiosidades sobre os personaxes destes libros e outros que ten publicados. Aproveitou para ler/recitar algún dos poemas recollidos no seu libro titulado “Trastario” que lles gustaron moito. Foi unha visita do máis gratificante para todos/as.

 


Valentina 5ºB: " A visita foi moi divertida. Contounos qúe de pequeno era un "cuentista". Na pantalla puidemos ver as dúas acepcións da palabra, a primeira refírese a unha persoa que cona ou escribe contos e a segunda persoa que esaxera as historias que conta. A él gustáballe máis a segunda opción.
O primeiro libro que escribiu, foi para un concurso de literatura, e titulábase “Klaus Nowak, limpiador de alcantarillas”, como gañou o premio con esta historia púxose a escribir máis.
Gustoume moito esta visita."

Ainara 5ºA: "O libro encantoume , creo que foi unha idea xenial que o protagonista Muffin e o seu veciño Cooper, tiveran esa rivalidade e que ademais Emma fora sobriña de corazón de Muffin e de sangue de Cooper. Unha forma de describir o libro é loco e divertido.
A visita encantoume. Contou cousas moi simpáticas e entretidas, e un pouco da súa vida. Tamén nós deixou facer preguntas, foi moi ameno e divertido".


Aynhoa 5ºB: “ Pedro Mañas é o autor do libro El apestoso tío Muffín”. O libro estivo moi divertido como o autor que é divertidísimo. Contounos que ten un club de fans, súa nai que é a presidenta, seu pai o vicepresidente e súa irmá prepáralle as presentacións para as charlas.
Encantoume a charla e firmoume no meu libro: “ Con un gigantesco abrazo, para Aynhoa. Que el cuentismo te acompañe”

Carolina 5ºA: " O apestoso tío Muffín e un libro moi fácil de ler e moi entretido, ademais a historia enganchate dende o primeiro. A visita de Pedro Mañas gustoume moito, contounos moitas cousas da súa vida e de como e porque empezou a escribir. Paseino moi ben".




No hay comentarios:

Publicar un comentario